Anuncios, Outros|

Outros Anuncios
I Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns

O Concello de Chantada, a través da Concellería de Parques e Xardíns, convoca o “I Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns”.

Mediante este concurso preténdese poñer en valor os beneficios estético-ambientais das fachadas e balcóns como elementos vivos da nosa vila.

En cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou edificio, á mellora da calidade ambiental, e sobre todo á mellora da relación veciño-entorno urbano mediante unha persoal contribución artística que podemos gozar todos, tanto veciños coma turistas.

Como é ben sabido polos nosos veciños e visitantes o Concello de Chantada leva participando no certame de Vilas en Flor dende hai seis anos, acadando catro flores de honra.

Formamos parte dos concellos que acadan as maiores puntuacións, por iso, con este concurso preténdese dar un novo pulo para mellorar a imaxe da nosa vila cun enfoque no que participen de primeira man os nosos cidadáns.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca