AREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO ANTIGO DE CHANTADA
:: INDICE
1. Actuacións de rehabilitación
2. Obras de urbanización ou reurbanización
3. Área de rehabilitación
4. Características das axudas
5. Quen pode solicitar estas axudas?
6. Intervencións Protexibles
7. Presupostos e cuantías das axudas
8. Solicitudes e documentación
9. Situación
O Concello de Chantada consciente do estado de degradación que está sufrindo o Casco Antigo, plantexa unha política de axudas para paliar esta situación e revitalizar o ámbito máis antigo e representativo do carácter da Vila.
A perda de poboación e o envellecemento demográfico no transcurso dos años, van reducindo paulatinamente o uso residencial do casco antigo, favorecendo o deterioro dos edificios.
Dito Casco Antigo delimita polo norte coa actual
Praza Santa Ana é polo sur coa actual rúa
Manuel Formoso Lamas. Posteriormente o seu crecemento realizouse a través de actuacións urbanizadoras, de apertura de novas rúas transversais ás mesmas, configurando a actual estrutura urbana.
O Concello de Chantada vendo o gran interese que hai sobre o Casco Antigo e o seu deterioro polo paso do tempo, encarga unha
memoría-programa para estudar as necesidades desta zona e a súa posterior rehabilitación. E acolléndose ó Real Decreto 1186/1998, de 12 de Xuño sobre medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo do Plan 1998-2001, solicita unha incursión dentro da “Área de Rehabilitación do Casco Antigo”.
O pleno do Concello de Chantada en sesión celebrada o día 7 de Setembro do 1999, acorda a delimitación de “Área de Rehabilitación” e a firma dun convenio coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
Amparada no Real Decreto 1186/1998 do 12 de xuño, sobre medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo do Plan 1998-2001, no Decreto 345/1998 do 20 de novembro e na Ordenanza do 7 de setembro de 1999, fírmase o primeiro convenio o día 7 de agosto de 2001 correspondente á
1ª Fase con 25 actuacións. Posteriormente debido á gran afluencia de propietarios interesados en rehabilitar ditas vivendas, se solicita una
2ª Fase con 25 actuacións.
A vista do gran interese demandado polos propietarios para mellorar e conservar os elementos artísticos das vivendas e edificios, solicítase unha 3ª e 4ª Fases, amparadas no apartado 4 do artigo 30 do Real Decreto 1/2002 do 11 de xaneiro, coas condicións e límites das subvenciones establecidas no citado Real Decreto e Decreto 199/2002 do 6 de xuño.
Fotografías de vivendas rehabilitadas
(Prema nas fotos para ver o aspecto anterior e o actual) |
|
 |
|
 |
Rúa Calvo Soltelo
ampliar [+] |
|
Rúa Dous de Maio
ampliar [+] |
 |
|
 |
Fachada posterior da rúa 2 de Maio
ampliar [+] |
|
Rúa Formoso Lamas
ampliar [+] |
|
|
|
Urbanización da rúa Formoso Lamas
ampliar [+] |
|
|
|
1. Actuacións de rehabilitación
As actuacións en materia de rehabilitación de edificios da declaración proposta, encádranse nos seguintes grupos de rehabilitación:
• Restauración.
• Conservación.
• Consolidación.
• Acondicionamento.
• Reestruturación.
• Ampliación, así como substitución de edificacións non catalogadas.
2. Obras de urbanización ou reurbanización
As obras de urbanización ou reurbanización, que se pretenden realizar son, as siguientes:
• Melloras das infraestruturas.
• Pavimentos.
• Implantación de mobiliario urbano e sinalizacións.
Para realizar o estudo de rehabilitación clasificáronse os inmobles segundo o seu estado de conservación, resaltando o contraste entre edificios en
bo estado, respecto a outros en
moi mal estado ou
ruinosos, sendo a súa clasificación:
Bo,
malo, ou
ruínas.
Tamén hai que definir os grados de rehabilitación, para clasificar as distintas rehabilitacións posibles. Estes grados son os seguintes: Lixeira, media, pesada, e ruinosa.
Tódalas obras de rehabilitación teñen que ser compatibles co planeamento urbanístico vixente, sendo a clasificación en función da situación máis desfavorable.
3. Área de rehabilitación
A
“Área de rehabilitación do Casco Antigo” abrangue un total de
162 edificios con
343 vivendas, que ocupan unha superficie construída de
45.833 m2, o seu estado de conservación varía entre
bo,
malo e
en ruínas, situados nas seguintes rúas:
• Rúa Leonardo Rodríguez.
• Avda. Ourense.
• Rúa Calvo Sotelo.
• Rúa Antonio Lorenzana.
• Rúa Alemaña.
• Praza do Mercado.
• Rúa Luciano Travadelo.
• Travesía de Calvo Sotelo.
• Travesía Tras dos Fornos.
• Rúa Trovador Xoán de Requeixo.
• Rúa Tras dos Fornos.
• Rúa Luís Souto Lemos.
• Praza de España ou Praza do Cantón.
• Rúa Dous de Maio.
• Rúa Manuel Formoso Lamas.
• Rúa Daniel Vázquez Boó.
• Calexo do Curro.
4. Características das axudas
A Oficina Municipal da Área de Rehabilitación do Casco Antigo facilitará
gratuitamente a asistencia técnica necesaria para a realización das obras que o solicitante desexa acometer.
Os Técnicos da Oficina encargaranse da redacción das
memorias valoradas, dos
contratos da obra, da
supervisión,
control e
informe de recepción final das mesmas.
5. Quén pode solicitar estas axudas?
• Os
propietarios e usufrutuarios de vivendas e edificios
destinados a vivendas.
• Os
inquilinos de vivendas ou edificios de vivendas que teñan
autorización da propiedade para acometer obras na vivenda no edificio que ocupan como
arrendatarios.
• As
comunidades de propietarios o veciños con capacidade legal para decidir as obras nos edificios ou vivendas.
6. Intervencións Protexibles
As obras que se subvencionan serán as incluídas nun ou máis dos seguintes apartados:
6.1. INTERVENCIÓNS PROTEXIBLES BÁSICAS:
— Instalación eléctrica: Renovación, mellora, ampliación e creación de novos circuítos no interior da vivenda e espazos comúns do edificio.
— Instalación de fontanería: Renovación, mellora e creación de novas conducións, sistema de quentamento de auga e calefacción.
— Instalación de saneamento: Renovación, mellora, ampliación e creación de novas conducións horizontais e verticais, a súa conexión coa rede xeral de saneamento.
— Instalacións sanitarias: Substitución e colocación de elementos sanitarios, incluído grifería.
— Acondicionamento de cociñas e baños: Renovación e mellora de locais húmidos, acabados horizontais e verticais, protección de elementos estruturais. Instalacións de
shuts e ventilacións forzadas.
— Consolidación da estrutura degradada da cuberta con materiais tradicionais e, nos casos en que sexa conveniente, con perfilaría de aceiro e reposición de pontóns de madeira.
6.2. INTERVENCIÓNS PROTEXIBLESCOMPLEMENTARIAS:
— Reparación ou substitución de elementos de
cerramento e carpinterías, afectadas polas obras de acondicionamento de locais húmidos.
— Reparación ou substitución de
carpinterías exteriores.
— Modificación de distribución sempre que sexa para mellorar as condicións de habitabilidade da vivenda (iluminación e ventilación), e complementarias ás intervencións en instalacións.
— Reparación o conservación dos
elementos de formación da cuberta, co obxectivo de procurar a estanqueidade.
— Acondicionamento de portais e accesos a vivendas: Instalación de porteiro automático, reparación e pintura, renovación o substitución de instalacións eléctricas. Reparación o substitución de portas de acceso.
— Reparación e tratamento de fachadas: Limpeza de pedra, reparación de revocos e enfuscados, consolidación de fendas.
7. Presupostos e cuantías das axudas
O presuposto protexible será o custe real das obras a realizar, sempre que estean incluídas nas actuacións protexibles previstas e coas seguintes limitacións:
• Establécese en
3.005,6 € a cuantía mínima de presuposto de obra a realizar por vivenda o zonas comúns do edificio, incluído o I.V.E.
• Establácese en
24.024,48 € a cuantía máxima de presuposto de obra subvencionable por vivenda ou zonas comúns do edificio, incluído o I.V.E.
A cuantía das axudas será sobre o importe de execución das obras en función dos ingresos da unidade familiar:
• Os solicitantes con ingresos anuais
que excedan de 21.035,42 €, poderán recibir unha subvención a
fondo perdido do
25% do custe das obras executadas.
Os solicitantes con ingresos anuais que estean
comprendidos entre 9.015,18 € e 21.035,42 €, poderán recibir una subvención a
fondo perdido do
40% do custe das obras executadas.
• Os solicitantes con ingresos anuais que sexan
menores de 9.015,18 €, poderán recibir una subvención a
fondo perdido do
60% do custe das obras executadas.
• Establécese un
porcentaxe lineal do 45% para os
elementos comúns dos edificios de vivendas.
8. Solicitudes e documentación
Os interesados deberán presentar a
solicitude por escrito na
Oficina Municipal de Rehabilitación sita na
Rúa Calvo Sotelo nº27-baixo de Chantada. Esta deberá ir acompañada da
documentación correspondente do propietario ou propietarios da vivenda:
• Documento Nacional de Identidade (DNI / NIF).
• Documentación acreditativa de propiedade en caso de
arrendamento,
contrato ou
convenio entre a
propiedade e o
inquilino para a realización das obras.
• No caso de obras en
elementos comúns do edificio con
varios propietarios,
autorización da comunidade de propietarios do mesmo.
• Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ó exercicio inmediatamente anterior ó momento en que se solicita a axuda.
• Certificado da Base Impoñible sobre a renda das persoas físicas, emitida pola
Delegación do Ministerio de Facenda, correspondente ó
exercicio inmediatamente anterior ó momento en que se solicita a axuda.
• No caso de non presentar a declaración do imposto I.R.P.F.,
certificado de non declarante da Delegación de Facenda, correspondente ó exercicio inmediatamente anterior ó momento en que se solicita a axuda.
• Recibo do imposto de bens inmobles.
• Declaración xurada do destino da vivenda (residencia habitual e permanente ou aluguer).
• Declaración xurada das subvencións solicitadas ou concedidas para a realización das obras,
das administracións públicas o de
outros entes públicos competentes.
• Para as
obras de rehabilitación pesada e ruinosa presentarase
Proxecto redactado por Técnico competente e
visado polo Colexio Profesional correspondente.
9. Situación
O actual Casco Antigo presenta unha
estrutura lonxitudinal configurada por un eixe dominante (Rúa Leonardo Rodríguez, Rúa Calvo Sotelo, Rúa Dous de Maio e Rúa Manuel Formoso Lamas) que se estende en dirección norte-sur, desde a
Praza de Santa Ana hasta ó río Asma. ver mapa [+]
Dos 162 edificios existentes que o forman, tres edificios destínanse ao equipamento público: Igrexa de Santa María, Casa da Cultura e Antigo Edificio do Concello
Los
155 edificios destinados a uso residencial agrupan un conxunto de
343 vivendas, das que
82 están desocupadas debido a que se encontran en mal estado ou en ruína.