mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Transportes
Facebook Twitter
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Situación
concello de Chantada atópase situado no suroeste da provincia de Lugo, e abrangue o territorio que vai dende a Serra do Faro ata o cauce do río Miño.

Ver mapas ver mapas

Panorámica da ribeira
hantada é a capital e o principal núcleo do Partido Xudicial e centro da bisbarra á que lle da o seu nome. Está integrada polos municipios de Carballedo, Taboada e Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42º 41' e os 42º 31' latitude Norte e entre os 7º 54' e  os 7º 40' lonxitude Oeste. Ao Norte limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).

Na súa paisaxe diversificada diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste la Serra do Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483 m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.

O val de Chantada dende o Faro
Monte Faro Nevado

 A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, que fai as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial, formouse sobre un bloque de granito e xisto, cortado po faias e modelado pola erosión fluvial. Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O cume do faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou dos Ancares se o día está claro.
  
ampliar
Regato Camporramiro
  A rede fluvial, posúe unha disposición Norte-Sur, debuxando vales encaixados de fortes pendentes e grandes desniveis formando socalcos aproveitados para a explotación vitícola. A rede fluvial secundarias está formada por numerosos ríos e regatos entre os que destacan: o Asma, Lameiro, Enviade e o Camporramiro.
            
 O clima ten un marcado carácter húmido e continental e, pese á pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm./anuais. Os invernos son suaves e os veráns calorosos con tendencia á sequidade, oscilando as temperaturas entre os 19' 5 ºC da máxima e os 6' 3 ºC da mínima. Nas serras, as condicións climáticas son máis extremas. En canto á vexetación abundan as especies autóctonas tales como castiñeiros e carballos e nas áreas máis elevadas, o mato

ampliar
Paspallás
    Este medio natural, entre montes e ribeiras da acubillo a multitude de especies de fauna, como son: xabarís, lobos, raposos, corzos, coellos, lebres, perdices, aves insectívoras, paspallás, ratos, lagartixas, ourizos ou morcegos.



 
web desenrolada por novodesenho créditos