![logo-vilas-en-flor2 logo-vilas-en-flor2](https://www.concellodechantada.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/logo-vilas-en-flor2-q2oi0p6bccsqitcc58zgyrpzkrutlu1tnezakl62h4.png)
![logo-vilas-en-flor2 logo-vilas-en-flor2](https://www.concellodechantada.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/logo-vilas-en-flor2-q2oi0p6bpifhv8l663n31gmhrtl1tlf6mwpht4cqvo.png)
O Concello de Chantada posúe un gran patrimonio vexetal e paisaxístico, ten abondosos espazos naturais tanto nos seus arredores e parques repletos de arboredos e vexetación coma en toda a vila onde destaca, sobre todo no seu casco histórico, o coidado e mantemento duns fermosos espazos verdes e floridos.
No ámbito dos parques e xardíns o Concello de Chantada destaca pola xestión medioambiental no uso sostible da auga, compostaxe para utilización propia, produción da planta en viveiro municipal e pola fabricación propia de mobiliario de madeira para utilizar nas zonas verdes.
Este esmero polo coidado e conservación das zonas verdes e a paisaxe da vila valeulle, en varias edicións consecutivas, a valoración de 4 flores por parte da organización de Vilas en Flor.
O Concello de Chantada posúe varios parques e zonas axardinadas:
CONTACTO
ENDEREZO
Praza do Cantón, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 44 00 11