mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Xunta de Galicia,Consellería de Cultura
 
Ministerio de Cultura
 
Consello da Cultura Galega
 
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
 
Museo Provinvcial de Lugo
 
Museo do Pobo Galego
 
Museos de Galicia
 
Consello Galego de Museos
 
Museos Estatales
 
Consello da Cultura Galega
 
 
Manuel Gallego
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Educación :: casa da cultura
 
Casona de Lemos
ampliar
Outra vista da actual Casa Cultura
Estamos diante da casa máis antiga de Chantada. Típica edificación do século XVI (está datada no ano 1551)  conserva algunha parte do século XV. Orixinariamente era unha corte de cabalos á que se lle foron engadindo con posterioridade diversas estancias. Esta casa foi motivo de diversos pleitos chegando a intervir a Marquesa de Astorga cunha carta-orde. En dúas das súas frontes leva soportais con cuberta de madeira e columnas de diversas formas e épocas. Ten unha gran cheminea saínte e o trazado e a distribución das súas fiestras é moi interesante. No muro occidental conserva unha pedra de armas partida que se cre anterior ó ano 1668; correspondería a don Pedro de Moure Ulloa, párroco da igrexa de Chantada.Antes da súa remodelación era propiedade de Don Faustino Vilaseco que xunto coa súa muller donárona para Casa da Cultura do Concello. A restauración foi obra  do arquitecto Manuel Gallego Jorreto e inaugurouse como Casa da Cultura o 19 de outubro de 1990.

ampliar
ampliar [+]
Casona de Lemos
ampliar
ampliar [+]
Casona de Lemos
Na actualidade esta casa posúe tres salas interiores, unha ampla entrada cun corredor que se emprega para Sala de e Exposicións. A planta baixa está adicada á Oficina de Turismo, á Oficina Municipal de Información ó Consumidor, á Oficina de Información Xuvenil e ó Servizo de Normalización Lingüística. En canto ás salas interiores están totalmente ocupadas pola Biblioteca Pública Municipal, que dende a posta en funcionamento desta Casa trasladou as súas dependencias para aquí.






:: ENDEREZO ::

Praza do Mercado s/n
cultura@concellodechantada.org

982 44 17 52

:: HORARIO ::


 OFICINA DE TURISMO, CASA DA CULTURA

LUNS A VENRES

   
9:00 a 15:00

SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS

   10:00 a 14:00








  Enlaces sobre Manuel Gallego e a Casa da Cultura
  :. A Casa da Cultura en www.arquitecturagalega.net
    :. Biografía de Manuel Gallego Jorreto
 


web desenrolada por novodesenho créditos