As salas interiores da Casona de Lemos actualmente a Casa da Cultura de Chantada están totalmente ocupadas pola Biblioteca Pública Municipal, que dende a posta en funcionamento da Casa trasladou as súas dependencias para esta.
A Biblioteca Pública Municipal de Chantada “Xohán de Requeixo” comezou a funcionar o 1 de xullo de 1968 na Praza de España nº 20, esta instalación enseguida quedou moi pequena e tan pronto se puido trasladouse para a Casa da Cultura. Nun principio ocupou dúas das súas salas interiores, posteriormente no ano 1997 a sala infantil pasou a ocupar a planta baixa deste edificio. Parece que esta non vai ser a ubicación definitiva da Biblioteca, xa que ademais de presentar multitude de barreiras arquitectónicas que ten o edificio, a súa atención resulta moi difícil debido ó reducido persoal e atoparse dividida en varias salas, ademais de presentar novamente carencias de espazo. Por este motivo na actualidade está deseñada a súa posterior ubicación no edificio multiusos que se construirá na Praza de Galicia e albergará tamén a Casa Consistorial.
Dende o 22 de febreiro está en funcionamento "Internet nas Bibliotecas", programa financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Ministerio de Educación e Cultura, Red.es e as Comunidades Autónomas e conta con axudas da Unión Europea.
Na Biblioteca Municipal de Chnatada os usuarios posúen tres ordenadores de uso público, un escáner, impresora e unha Web cam.
Tódalas persoas que o desexen poden acceder a este servizo de 11 a 14 e de 16 a 20 horas, de forma totalmente gratuíta, a excepción das impresións.Do mesmo xeito as persoas que posúan un portátil poderán facer uso gratuíto de intemet mediante wi-fi .
|
|
|
|
|
Outra vista da biblioteca |
|
|
|
|
|
Información da Biblioteca |
Fondos:
10.130 libros 61 publicacións periódicas |
Servizos:
Préstamo a particulares, Información bibliográfica, Acceso a INTERNET, Ordenador, Terminais, Lector CD-ROM, Servizo de reprografía. |
Tipo de acceso:
Acceso libre |
:: ENDEREZO ::
Praza do Mercado s/n
982 44 17 52
:: HORARIO ::
LUNS A VENRES
9:00 a 15:00
|
E-mail de contacto:
cultura@concellodechantada.org |
|
|