mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
CRDO Ribeira Sacra
 
CRDO Monterrei
 
CRDO Rías Baixas
 
CRDO Ribeiro
 
CRDO Ribeiro
 
CRDO Orujo de Galicia
 
Consello Regulador da Agricultura Ecoloxica de Galicia
 
 
Facebook Twitter
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Economía :: viticultura
O viño converteuse en Chantada nun importante motor para a dinamización económica do Concello.
A súa produción, expándese actualmente por moitos lugares de todo o mundo.
A Viticultura    
ampliar
Muras na ribeira
ampliar
Vendima en socalcos
 

   A orixinalidade física e os parámetros climáticos, caracterizados por un microclima atlántico consistente na suavidade das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación, propiciou o desenvolvemento dun particular aproveitamento agrícola: A viticultura. Caracterízase polo cultivo da uva en socalcos que consegue perfeccionar a personalidade da ribeira e influíndo nunha pais axe humanizada modelada ó longo dos séculos, deu pé as “muras” para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Debido á sacrificada labor de produción e escasa mecanización, recibe o nome de “viticultura heroica”.

Representación da vendima nun relevo Romano
   A vide introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da Gallaecia primitiva, crese que naquela época os caldos da zona de Amandi viaxaban até Roma onde eran apreciados, probablemente a variedade orixinal da vide foi introducida polos propios romanos.

Monxe bebendo Viño nunha
miniatura Medieval
  Pero a gran expansión do viñedo realizouse debido ás colonizacións monásticas medievais dende o século VI. As comunidades monásticas, principalmente beneditinas, tiñan a misión de repoboar as terras ermas para convertelas en fértiles e produtivas. Co paso do tempo estes cenobios arrendarán as terras ós campesiños que atraídos polas posibilidades económicas deste cultivo, explota este recurso e sácalle toda a súa rendibilidade vendendo o viño como produto agrario de luxo en feiras e cidades acadando o seu maior apoxeo nos séculos XII e XIII.

D.O. Ribeira Sacra
Acio de Uva Mencía
  Na actualidade, o viño convertéronse nun importante motor para a dinamización económica do concello. A súa produción, expandida por moitos lugares do mundo, fan dos viños da zona unha das principias esperanzas para a Chantada dos nosos días non só en temas financeiros, senón tamén como escaparate turístico do noso concello.
    A denominación de orixe Ribeira Sacra, foi aprobada o trinta de Maio do ano 1995 mediante orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. O Consello Regulador divide a Ribeira Sacra en cinco subzonas: Amandi, Ribeiras do Miño, Quiroga-Bibei, Chantada e Ribeiras do Sil. A de Chantada aglutina no seu a un total de dez parroquias: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz, Belesar, San Pedro, Camporramiro, Santiago da Riba, A Sariña, Nogueira e Sabadelle.


  
ampliar
versión imprimible (pdf)
        
  A variedade mencía é a máis cultivada como monovarietal. Falamos de viños do ano de cor guinda, coa xusta acedume e aroma afroitado. As cepas cultivadas para os viños brancos son as variedades Godello, Alabriño, Loureira, Treixadura, Dona Branca e Torrontés. Os tintos son de uvas Mencía, Brancello e Merenzao. O consello Regulador ten autorizadas outras cepas, pero as devanditas son as preferentes. En canto os tipos de viño producidos baixo esta denominación de orixe pódense destacar os seguintes:
• Ribeira Sacra Godello (elaborado con uva 100% Godello e cun mínimo de once grados)
• Ribeira Sacra Albariño (feito con uva 100% Albariño e cuia graduación mínima ascende ós once grados),
• Ribeira Sacra Mencía (cun 100 % de uva mencía e con graduación mínima do 11 grados), e, por último, os
• Viños Ribeira Sacra (elaborados con uvas procedentes das variedades brancas para os viños brancos, e uvas procedentes das variedades tintas para os tintos; posúen unha graduación non inferior ós dez grados).


  Adegas de Chantada
A Subzona Chantada da C.D.R. Ribeira Sacra consta na actualidade de 24 bodegas y abarca aproximadamente 64 Ha.
 
Nome
Marca
ADEGA PONTE MOURULLE, S.L.
Valdomende
ADEGAS AMEDO, S.L.
Don Darío de Jaquin, Donandrea Toxeiro,
Gran Amedo
ADEGAS E VIÑEDOS VÍA ROMANA, S.L.
Vía Romana
ADEGAS PINCELO, S.L.
1985 - El Origen, Pincelo, Viña Portotide
ADEGAS VIÑA GAROÑA, S.L.
Viña Garoña, Marqués de Garoña
AS OUBENZAS
Quinta de Albarado
BLANCO LÓPEZ, JOSÉ
Adega do Veiga
BODEGA A LAXIÑA S.L.
Viña do Conde (Mencía)
BODEGAS QUEIXEIROS S.L.
Aurelio Figueiras
DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ, EDELMIRO
Calexotes
FERREIRO LÓPEZ, DARÍA

Cabo do Mundo

FIGUEIRAS SÁNCHEZ, ÓSCAR
As Covas
GRUPO PEAGO S.L.
Condado de Sequeiras
LAREU LÓPEZ, MANUEL PRIMITIVO
Ouvenza, Savatelius
LEDO VENCE, AMELIA
Terras Bendaña
MANUEL CALVO MÉNDEZ
Viña Ribada
MARIÑO SÁNCHEZ, JESÚS
Guxeba
MOREIRAS MÉNDEZ, Mª ISOLINA
Ribazo
OTERO CASTRO, JOSÉ MANUEL
Conde de Vidás
PÉREZ PIÑA MANUEL
Terra Portus
RABELAS, S.L.
Os Cipreses
SANTA MARÍA DE NOGUEIRA, S.L.
MonteQuintela
SEOANE RODRÍGUEZ, MANUEL
Prádio
TEIJEIRO LEMOS, Mª ESTHER
Diego de Lemos

    

  Enlaces relacionados
 
     >>  Consejo Regulador de Agricultura ecológica de          Galicia
     >>  Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra


web desenrolada por novodesenho créditos