|
Vista aérea do polígono dos
Acivros do ano 2003 |
Gran parte da actividade económica do concello de Chantada aparece aglutinada entorno a un espazo físico concreto: o
polígono industrial de
Os Acivros . Situado a carón da estrada nacional 540 dista tres quilómetros da vila do Asma. Posúe unha superficie total de
111.791 metros cadrados dos que
44.791 están ocupados na actualidade si ben está proxectada unha ampliación do mesmo en máis de
350.000 metros cadrados. No seu interior atópanse diversas empresas e organismos que xogan un papel de fondo calado na economía chantadina. Exemplo desto témolo na empresa
“Asma-Yect, S.L.” que en próximas datas se contituirá nos Acivros. A súa produción centrarase na fabricación de radiadores e caldeiras de aluminio aínda que polas súas características mostrarase como óptima para a realización de calquera peza fabricada por inxección de aluminio. Estamos diante dunha empresa pioneira xa que é a única en toda Galicia destas características. Por todo isto, concedéuselle no ano 2003 o
Premio ó mellor Proxecto de Creación de Empresa, galardón concedido pola Asociación de Empresarios de Lugo.
Outro negocio de importancia con fonda presenza no municipio é o que realiza
“Sidreria Gallega S.L.”. A súa actividade céntrase na produción de sidra. A materia prima exclusiva é a maza que unha vez seleccionada e elaborada en bodegas climatizadas mediante un proceso de decantación natural, da como resultado unha estupenda sidra. En cantos os produtos fabricados por este ente empresarial destacan a sidra, sidra natural, vinagre de sidra, augardente de sidra, licores a base de augardente de sidra, etc. Todo elo comercializase coas marcas de
“Mazanova” para a sidra e o vinagre e
“Quenza” para os augardentes e licores. Ó igual que acontecía coa sociedade anterior, Sidrería Gallega atópase adscrita ó
Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia.
Outras empresas ubicadas no polígono son as seguintes:
• Agrobotica
Adicada a venta de produtos fitosanitarios, plantas, medicamentos
animais, etc.
Contacto: Juán Carlos Méndez López
Tel. 982 462 010
www.agrobotica.com
···········································································
• Cerrajería Marbe
Carpintería metálica
Contacto: Senén Feijóo Gómez
Tel. 982 441 826
···········································································
• Distribuciones Lebreiro C.B.
Distribución de bebidas
Contacto: Juán Benjamín Vázquez Hermida
Tels. 982 441 207
982 440 453
···········································································
• Gasolube
Venta e distribución de Gasóleo
Contacto: Darío Lemos Aira
Tel. 649 91 21 54
···········································································
• Lugar de Veiga
Panificadora de galletas salgadas.
Contacto: Xosé Lois Lamazares
Tel. 650 052 876
···········································································
• Marminsa
Empresa de transformación de mármores.
Contacto: Miguel Rigueira Vázquez
Tel. 982 46 21 35
···········································································
• Protección Vial S.L.
Empresa de señañización e mantemento Vial.
Contacto: Constantino Latas Roque
Tel. 982 21 03 10