 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A agricultura e a gandeiría converteuse nun exponente dinamizador de grande importancia para o Concello |
|
 |
 |
O Agro
A economía chantadina fundaméntase no sector agropecuario, cunha agricultura intimamente relacionada coa gandería. Ata os anos 70 a gandería baseabase practicamente na agricultura intensiva de policultivo dirixido a economía de subsistencia dos labregos. A partires desta década e en parte grazas á emigración a gandería deu un xiro cualitativo a favor da especialización, desta maneira incrementouse a produción paulatinamente a medida que se foron reducindo a cantidade de explotacións, actualmente son 692 as explotacións activas en Chantada e 13.027 as cabezas de gando. Esta especialización gandeira contribuíu á extensión de pasteiros, forraxes e millo para a alimentación do gando vacún especializado para a produción de leite. Tamén facilitou o establecemento dunha industria derivada (matadoiros, fábricas de lácteos).
Tamén ten gran importancia aínda que en menor medida que o vacún, o gando bovino e porcino cun total de 2254* reses este último.
A gandería e a agricultura compleméntase con outras actividades agrarias de grande calado como son a produción de castañas e cereixas así como a de viño moi importe no Concello.
Toda esta produción agropecuaria facilitou que co tempo se crearan movementos asociativos para así lograr maiores vantaxes, exemplo disto é a cooperativa ICOS, xurdida o 26 de Decembro do ano 2000 foi constituída trala fusión de catro cooperativas coñecidas anteriormente cos nomes de CHATACA (sociedade cooperativa limitada sita entre as chantadinas freguesías de Sobreira e Fornas), MEDELA (sociedade cooperativa limitada situada a carón da estrada de Ramil, termo municipal de Taboada), CODIPROGA (sociedade cooperativa limitada residente na Barrela, concello de Carballedo), e COOFARO (sociedade cooperativa limitada sita en Centulle, Chantada). ICOS é na actualidade a sociedade líder no centro de Galicia e a súa influencia esténdese non só a comarca de Chantada, senón tamén a concellos limítrofes tales como Monterroso, O Saviñao, Antas de Ulla e Portomarín na provincia de Lugo, e a Cea e Vilamarín situados na veciña provincia de Ourense. Esta cooperativa posúe na actualidade un número total de 867 socios aínda que cómpre non obviar un dato; ICOS conta tamén con clientes de número cuxa cifra ascende a un total de 286 persoas co que o número total de xente vinculada directamente á sociedade ascende á nada desprezable cifra de 1.153 clientes, unha das punteiras dentro da nosa comunidade autónoma.
Por outra parte cómpre salientar tamén que Chantada e a súa bisbarra é un grande expoñente en Galicia na produción de produtos ecolóxicos como a castaña, a cereixa e de mazás para a sidra, proba disto é a proliferación de empresas de procesado e elaboración de produtos a partires destes froitos.
* Datos do IGE de 2003
|
|