|
Escudo do Club |
|
|
Equipo fundador do ano 1995 |
|
 |
ampliar [+] |
Equipo no 2000 |
|
|
O Club de Tenis Chantada foi fundado en 1995, por un pequeno grupo de xogadores, que viñan de competir a diferentes niveis de competición en Galicia e tamén a nivel nacional, os mais destacados eran os iríaos Conde Blanco e Eliseo Iglesias Fernández. A idea de fundar un club en Chantada axudouna a construción de dúas pistas de tenis quik regulamentarias no actual parque do Campo da Feira, no que na actualidade son tres as pistas das que dispón a Comarca de Chantada, sendo isto un factor a destacar pois hai moitas Comarcas moito mais grandes que non dispoñen de ninguna pista.
En aquel momento o Club de Tenis Chantada foi fundado polos seguintes socios fundadores: Jesús Conde, Eliseo Iglesias, Isidro Vence, Luís Ángel Sánchez, Francisco Gonzalo Álvarez, José Ángel Conde, Roberto Iglesias, Miguel Novelle, José Luís Novelle, José Luís Sánchez, Jordi Batlle (patrocinador coa marca Isosport), Benigno Arias, e José Luís Conde. Hoxe en día xa somos mais de trinta.
Entre os logros mais destacados do Club a nivel competición foi ascender a Segunda Categoría “A” Galega por equipos, no ano 2005.
|