 |
Escudo da S.D. Chantada |
|
|
Equipo Fortuna, anos 20 |
|
|
O fútbol en Chantada practícase dende 1915, ano en no que se fundou o primeiro equipo, chamado Atlético, que disputaba encontros cos equipos de Lugo e Ourense. Este equipo foi fundado por José Arias "Petete".
Nos anos 20, Ramón Soto fundou outro equipo, chamado Fortuna. Naquela época existía un gran problema: encontrar un campo regulamentario. Primeiramente, Agustín Lorenzana cedeu un campo, onde se levaron a cabo as primeiras fazañas do Atlético chantadino. Máis tarde, alugouse un campo en Marín, nun prado no que non se podían facer arranxos. Logo, volveuse ó primeiro campo, que estaba situado en Zaquín, co permiso do señor Lorenzana, tóda a xente nova de chantada se puxo mans á obra: vagóns, carretillas, volquetes, picos... e todo o esforzo necesario para conseguir nivelar o terreo, que contaba con algo de desnivel. Durante moitos anos o campo de Zaquín rexistrou grandes cheos e partidos e vitorias de gran nivel; por alí pasaron equipos como o Lemos, Arzúa, Melide, Carballiño e moitos más de Ourense, Lugo e pobos achegados a Chantada.De Zaquín pasouse ó Sangoñedo, onde aínda hoxe está situado o campo, onde os afeccionados chantadinos celebraron grandes triunfos e onde agardamos que se escriban novas xornadas de gloria para el fútbol chantadino.
Na actualidade a Sociedade Deportiva Chantada está composta polos seguintes equipos:
Tras moitos anos en 1ª Rexional, o Chantada xa pode dicir que é un equipo de Preferente tras ter conseguido salvar a categoría no seu retorno a esta. Esta temporada el obxectivo será consolidarse en la categoría.
creouse na temporada 2001/ 2002, milita en 3ª Rexional e abastece de xogadores ó primeiro equipo cando este o necesita. Esta temporada, tenrá como obxectivo o ascenso a 2ª Rexional.
:
Despois de conseguir a permanencia a pasada campaña na última xornada, os xuvenís buscarán esta temporada afianzarse en la categoría.
:
Tras unha espléndida pasada campaña na que o equipo se clasificou para a Fase de Ascenso á Liga Galega, doce dos integrantes do equipo do ano pasado pasan para xuvenís.
Textos e fotos obtidos da web da S.D. Chantada |