|
|
Actividades das Escolas Deportivas |
|
|
As Escolas Deportivas do Concello de Chantada creáronse no ano 1994. Durante todos estes anos inscribíronse milleiros de persoas que referendan o éxito deste servizo municipal que busca fomentar o deporte entre toda a poboación sen excepcións, e que esta temporada —2005-06— oferta 28 actividades físico-deportivas para rapaces, adultos, maiores e discapacitados.
As escolas tamén dispoñen de actividades complementarias como a participación na Carreira Popular do San Martiño consistente nunha carreira pedestre de cerca de 10 quilómetros pola cidade de Ourense, a Copa Galicia de Voleibol Feminino, celebrado en Chantada no Pavillón Municipal e televisado por TVE, 2ª cadea, para Galicia e por último o Intercambio, encontro amigable de Hóckey Liña, entre as Escolas Deportivas de Chantada e os Cabuxos de Lugo en categoría Infantil.
Tódolos anos as escolas Deportivas de Chantada participan na campaña "Actividade Deportiva en Idade Escolar" da Xunta de Galicia. Participan equipos dos Concellos de Chantada, Portomarín, Taboada, Rodeiro, Carballedo e O Páramo.
Actualmente as Escolas Municipais dispoñen de 5 seccións federadas:
• Hóckey Liña (Liga Noroeste) cun equipo xuvenil/senior
• Fútbol 11 Infantil, no Grupo 14
• Baloncesto Feminino, en categoría Cadete Provincial
• Baloncesto Infantil Masculino. Liga Autonómica
• Fútbol 11 veteranos.
Actividades das Escolas Deportivas |
Para Rapaces |
Para Adultos |
• Baloncesto
• Fútbol-11 Infantil
• Fútbol-Sala
• Hockey Liña
• Tenis
• Tenis de Mesa
• Atletismo
• Bádminton
• Karate
• Patinaxe
• Ximnasia Rítmica
• Psicomotricidade e Predeporte
• Voleibol
• Bailes De Salón
• Halterofilia
|
• Educación Física para Adultos
• Multideporte
• Ximnasia Suave
• Sendeirismo
• Tenis
• Tenis de Mesa
• Fútbol-11 Veteranos
• Bádminton
• Bailes de Salón
• Musculación Halterofilia |
Para Maiores e discapatizados |
Seccións Federadas |
• Ximnasia para Maiores
Actividade de mantemento: exercicios de mobilidade articular, elasticidades, etc.
• Bádminton Maiores
Práctica relaxada e recreativa
• Educación Física Especial Sesións de ximnasia e deportes, con exercicios de coordinación,
psicomotricidades, etc. |
• Hóckey Liña (Liga Noroeste) cun equipo xuvenil/senior
• Fútbol 11 Infantil, no Grupo 14
• Baloncesto feminino, en categoría Cadete Provincial
• Baloncesto Infantil Masculino. Liga Autonómica
• Fútbol 11 veteranos. |
Textos e fotos obtidos da web das Escolas Deportivas de Chantada |
|