 |
Escudo do Club |
|
|
Equipo actual do Club |
|
|
O club fúndase o día 20 de Febreiro de 1988 baixo a denominación Club Baloncesto Chantada “Chataca”, que foi o primeiro patrocinador do club, sendo o seu primeiro presidente Baudilio Penas Sánchez e actuando como secretario Remigio Álvarez Devesa.
O equipo debuta en categoría provincial, quedando campións dos anos consecutivos e logrando o ascenso á categoría autonómica cunha plantilla totalmente chantadina.
Durante os anos seguintes o equipo reforzase con xente coñecida do baloncesto galego como Pepe Abelleira ( ex-xogador de 1ª División) así como tamén Fran Alonso (ex xogador de 1ª División e segundo adestrador do por daquela Coren Ourense).
A temporada 95-96 será un punto de inflexión na historia do club, xa que se fai cargo del mesmo, no apartado técnico, o adestrador local José Alberto Fafián Lemos quen levará ó club a alcanzar os seus maiores éxitos a nivel deportivo. Comezará en categoría provincial, acadando esa mesma temporada o ascenso a categoría autonómica, permanecendo na mesma durante dúas temporadas consecutivas, a última delas logrando o ansiado ascenso a categoría nacional.
En División Nacional permanecerá durante tres campañas, logrando a última delas un fito na historia do club, pasar a pertencer a un grupo selecto de clubs que forman a Liga EBA, sendo o seu presidente Angel Albilares Varela, que actualmente continua nas súas funcións.
A presente temporada é a segunda na que a actual Xunta Xestora, que relevou á directiva presidida durante longos e frutíferos anos por Ángel Albilares, continuadora do traballo entusiasta do equipo de Roberto Iglesias, intenta darlle un renovado impulso ao club. Desde o obxectivo de consolidación na categoría, búscase afirmar o futuro do equipo cun traballo rigoroso na base. A aposta, seria como nunca, ten como eixe o apoio ás categorías inferiores e á canteira da comarca. É tarefa e empeño de todos, afeccionados e directivos.
Actualmente el club componse das seguintes categorías:
Benxamín masculino
Infantil Masculino
Cadete Masculino
Junior Masculino
Senior Provincial
Equipo Femenino
|