Este pequeno percorrido discorre por varias pistas de terra cubertas de carballos e castiñeiros.
O camiño lévanos até unha xoia como a igrexa románica de Santa María de Pesqueiras, escondida entre os castiñeiros, e á que só se pode acceder por esta ruta.
Ademais desta igrexa, poderemos gozar de boas vistas sobre o Canón do Río Miño e atravesaremos varias zonas de viñedos.
Homologada: Non
Lonxitude: 3 KM
Inicio: Igrexa de Santa María de Pesqueiras
Final: Igrexa de Santa María de Pesqueiras
Dificultade: Baixa
Duración: 0,75 horas
Bicicleta: Si
Servizos:
Aloxamento, restauración e Centro de Saúde en Chantada.
Acceso:
Desde o encoro de Belesar, subir cara A Eirexe e a uns 800 m. atopardes un cartel a Santa María de Pesqueiras.
Ruta:
Discorre a través da parroquia de Pesqueiras.
Sinalización:
A ruta carece completamente de sinalización, aínda que se trata dun percorrido moi sinxelo. É necesario levar plano ou un gps.
Puntos de Interese:
Igrexa de Santa María de Pesqueiras,
Castiñeiros centenarios, viticultura heroica Enlace Wikiloc:
es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11441323
|