|
 |
|
.: Turismo : Que ver : Ribeira Sacra Lucense |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Situada xeograficamente no corazón de Galicia, Chantada tamén se caracteriza por estar en plena Ribeira Sacra Lucense |
|
 |
 |
 |
|
|
Igrexa de S. Salvador de Asma |
|
A Ribeira Sacra Lucense
Configurada polos concellos de A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada, a Ribeira Sacra Lucense ten unha superficie total de 1.379 Km² e unha poboación de arredor de 56.000 habitantes.
Este espazo físico ten toda unha serie de parámetros ou características xeográficas que a fan ideal para o illamento e o retiro; estes aspectos foron bastantes solicitados por moitas das congregacións relixiosas, que na Idade Media se atopaban en plena efervescencia ou apoxeo. Convén entón facer un pouco de historia sobre esta zona xa que a gran profusión de edificios románicos existentes no concello non se comprendería sen este espazo natural e sen a colonización monacal que no mesmo se produciu. A composición “Rivoyra Sacrata” aparece na grafía por primeira vez cando transcorre a data de 1124, nun texto ou documento no que a raíña Tareixa de Portugal ordenou a fundación do mosteiro de Montederramo. Pero por aqueles momentos o termo tan só facía referencia ás ribeiras do río Sil, onde se ten constatado que xa a partires de comezos do século V d.C. se instalaran numerosas comunidades relixiosas. Entón, Na actualidade parte do río Miño figura integrada da Ribeira Sagrada debido a que unha vez o fenómeno monástico se foi estendendo polas súas inmediacións chegou irremediablemente ata o cauce fluvial deste río. Foi deste xeito como o termo de Rivoyra Sacrata comezou a englobar espazos físicos máis extensos.
Tempo despois, o historiador Torquato de Souza Soares, tras analizar a tradución de Yepes, detecta unha errata na que pode lerse "Rovoyra" e non "Rivoyra" o que lle leva a interpretar o seu significado como "carballeira sagrada" (robur, carballo). Na cultura celta
os carballos e bosques tiñan un marcado carácter sagrado, o que dá mais consistencia a esta ultima teoría. No entanto, popularmente adoptouse coma propia a interpretación de Ribeira Sacra como "Ribeira sagrada".
|
Tímpano da igrexa de San Paio de Muradelle |
|
O noso concello atópase inzado de templos e igrexas pertencentes a este estilo o que nos da mostra do importantísimo patrimonio do que dispoñemos. A colonización monacal foi un feito indispensable para que o románico arraigase na nosa comarca. A pegada do mesmo nos séculos medios vémola en multitude de construcións; exemplo disto son as igrexas de San Salvador de Asma [ver], Santa María de Camporramiro [ver], San Cristovo de Mouricios, Santa María de Nogueira [ver], San Paio de Muradelle [ver], Santa María de Pesqueiras [ver] e Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao); todas elas baixo xurisdición do Mosteiro de San Salvador de Asma. Pero si a estas unimos e incluímos os templos e fundacións pertencentes a antiga xurisdición de Chantada, entón o número de templos románicos aumenta considerablemente. Exemplo disto, témolo nas igrexas e freguesías de Santa María de Arcos, San Vicente de Argozón, Santa María de Bermún [ver], San Cristovo de Fornas, San Miguel do Monte [ver] e a do Bo Xesús de Brigos [ver], todas elas no actual concello de Chantada; a estas temos que engadir as igrexas románicas de Santiago de Lousada e Santiago de Pradeda, sitas no Concello de Carballedo dende que foron separadas da xurisdición de Chantada ó ser suprimidas as xurisdicións territoriais.
Alén disto, a orixinalidade física e os parámetros climáticos, caracterizados por un microclima atlántico consistente na suavidade das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación, propiciou o desenvolvemento dun particular aproveitamento agrícola: A viticultura. Caracterízase polo cultivo da uva en socalcos que consegue perfeccionar a personalidade da ribeira e influíndo nunha paisaxe humanizada modelada ó longo dos séculos, deu pé as “muras” para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Debido á sacrificada labor de produción e escasa mecanización, recibe o nome de “viticultura heroica”
A vide introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da Gallaecia primitiva, crese que naquela época os caldos da zona de Amandi viaxaban até Roma onde eran apreciados, probablemente a variedade orixinal da vide foi introducida polos propios romanos.
Pero a gran expansión do viñedo realizouse debido ás colonizacións monásticas medievais e a profusión de cenobios que arrendaron as terras ós campesiños, atraídos polas posibilidades económicas deste cultivo.
Nos derradeiros anos, o viño convertéronse nun importante motor para a dinamización económica do concello. A súa produción, expandida por moitos lugares do mundo, fai dos viños da zona unha das principias esperanzas para a Chantada dos nosos días non só en canto a súa economía, senón tamén como escaparate turístico do noso concello. A denominación de orixe Ribeira Sacra foi aprobada o trinta de Maio do ano 1995 mediante orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. www.ribeirasacra.org
A grande diversidade de flora e fauna, ofrece un espectáculo natural incomparable a que adoite perderse polos seus montes soutos, carballeiras ou sucando as augas dos seus ríos: tranquilidade, beleza inigualable, recunchos insólitos... posibilidades infinitas para os amantes do contacto directo coa natureza.
Xa por outra banda dende hai anos diversas organizacións están a promover o nomeamento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Expediente de declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade » |
|
|
|