galego
mapa webcontacta co concello páxina principal
Principal que ver
Concello que facer
produtos locais
Situaci—n
feira do vi–o
Cultura e turismo
festas
onde comer
Deportes
onde durmir
Educaci—n
‡rea de autocaravanas
Econom’a
transportes
descarga de folletos e mapas
Urbanismo
Servizos Sociais
Enlaces
Direcci—ns e telŽfonos de interese
Suxesti—ns
 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Turismo
    PRODUTOS LOCAIS
Castañas
A castaña ten gran importacia en Chantada
 

A riqueza gastronómica de Chantada, correspóndese coa existente en todo o interior de Galicia; pero cuns elementos claramente diferenciadores, como son o cultivo ecolóxico e a excelencia de fabricación.

Terra de soutos centenarios de inigualable beleza, pero tamén de recentes plantacións cunha importante produción de castañas, que en gran parte procesa unha empresa da zona para conseguir marrón glacé, fariña de castañas, castañas en almíbar… e aproveitando todos os posibles recursos, confeituras de froitos coma as amoras, framboesas, amorodos…

Chantada pode considerarse pioneira na zona en produción de mel con métodos modernos, de feito aquí traballou e deixou o seu grande saber, D. Benigno Ledo González, chamado o cura das abellas, con moitos seguidores que co tempo fixeron posible a produción dun mel de excelente calidade.

 
Castañas
Viñedos en socalcos
 
Mención singular, merecen os viños da subzona de Chantada incluídos dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cun carácter especial que lles confire non só a calidade das uvas, senón tamén unha coidada elaboración, unindo as novas tecnoloxías ao mimo dos colleiteiros, auténticos artesáns do viño. Así mesmo, obtéñense uns exquisitos licores e augardentes, elaborados cunha excelente materia prima.

Chantada tamén é pioneira en Galicia na produción de sidra ecolóxica, grazas ó cultivo de mazás sidreiras; das que se extrae sidra natural, achampañada, vinagre… todos eles co selo do Consello Regulador da agricultura ecolóxica de Galicia.

Castañas
A cereixa de Chantada é de moi alta calidade
 
Orixinalidade claramente definida na produción das galletas mariñeiras chantadinas, outrora o pan dos barcos, agora empregadas na hostalería coma a mellor base para uns excelentes canapés, por poñer un exemplo.

A zona de Chantada é unha gran produtora de cereixa, froito que destaca pola súa altísima calidade, e que se cultiva, maioritariamente, na ribeira.

Así mesmo, é preciso lembrar tamén, produtos tradicionais como a empanada ou a torta de améndoa, nos que a calidade dos ingredientes utilizados é a base para conseguir un bo resultado.


web desenrolada por novodesenho créditos