galego
mapa webcontacta co concello páxina principal
Principal que ver
Concello folión de carros
Situación entroido ribeirao
barcas do miño
Cultura e turismo
ribeira sacra lucense
camiño de inverno
Deportes
que facer
Educación
produtos locais
Economía
feira do viño
Urbanismo
festas
Servizos Sociais onde comer
onde durmir
Enlaces
área de autocaravanas
transportes
Direccións e teléfonos de interese
descarga de folletos e mapas
Suxestións
 
 
 
 
 
 
Bacas do Minho
 
Fundación Xosé Soto de Fión
 
Federación Galega para a Cultura Marítima e Fluvial
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Turismo : Que ver : Barcas do Miño
É no pai Miño onde se localiza outra das mostras ou manifestacións etnográficas máis singulares e representativas do municipio chantadino: as barcas do Miño .
Barca con pousa
As Barcas do Miño
Barca do Miño con pousa
   Fagamos unha viaxe imaxinaria ata o principal río de Galicia para coñecer de preto estas interesantes embarcacións. Polo xeral, non posúen quilla e caracterízanse por ter un fondo chan; a súa forma é rectangular e tanto a proa como a popa responden á mesma disposición. A configuración destas barcas está condicionada na súa totalidade pola orografía da Ribeira Sacra xa que este era o lugar onde desenvolvían a súa actividade. Estamos diante de naves monocasco aínda que tal afirmación cómpre engadir unha excepción, os barcos de dornas, embarcacións de dobre casco presentan dous flotadores. As barcas do Miño eran propulsadas a remo ou vara e o material co que os carpinteiros se valían para facelas era a madeira polo sistema de táboas a tope. Na súa construción primaba a facilidade de manexo e de elaboración polo que eran basicamente funcionais; exemplo do dito témolo no dato anteriormente reflectido de que non posúen quilla, aspecto que facilita en gran medida a carga e descarga dos produtos que transportaban.
O marco xeográfico destas embarcacións cinguíase ó tramo medio do río Miño e mostraban diversas tipoloxías dependendo de onde fosen construídas. Para poder ollar con claridade o exposto citarei tres tipos de barcas en concreto:


Barca de Portomarín
1. Barcas de Portomarín
Posuían unha dianteira curva con dúas cavernas ou “vincos” transversais a excepción dun madeiro lonxitudinal. Esta tipoloxía pódese estender ou remontar ata o nacemento do Miño e algúns exemplos das mesmas atópanse na actualidade na terra Cha. Tamén se lle soe denominar batuxo.

Barca do Miño con pousa
2. Barcas de Chantada
Nestas barcas o costelar está formado por tres ou catro “domos” lonxitudinais, algo curvados nos extremos, a xeito rectangular na que non se aprecia distincións entre proa e popa. Non era estraño o feito de que este tipo de embarcación levase unha especie de plataforma superior, “pousa”, para poder aumenta-lo tamaño da carga. No concello de Ferreira de Pantón, limítrofe co de Chantada, existían barcas moi similares ás do noso municipio que se mantiveron en activo ata os anos oitenta do século pasado.

Barco de dornas
3. Barco de Dornas
Outra tipoloxía de barca do río Miño desaparecida na segunda metade do s. XX é o barco de dornas e que xa foi estudado por Xaquín Lorenzo na súa época, actualmente recuperado grazas a reconstrución realizada pola Fundación Xosé Soto de Fión, este barco consta de dous cascos, flotadores construídos a partires de troncos de madeira escavados que reciben o nome de dornos ou dornas, sobre os que asenta unha plataforma construía con táboas. No seu momento estendeuse dende Belesar ata A Guarda.

  Fotografías antigas das barcas do Miño
 
ampliar
Barca de paso
ampliar
Barca de paso en Sernande
ampliar
Batuxo en Porto, O Saviñao
ampliar
Barca con cestos na pousa
ampliar
Vicente Risco e Chamoso Lamas nun barco de dornas en Chouzán
ampliar
Barco de dornas empregado para pescar
 

   Coa chegada da modernidade, que supuxo unha notable mellora das comunicacións (estradas, pontes, etc.), este mundo imbuido en sí mesmo rachou e perdeuse en gran medida. O toque de gracia foi asestado pola construcción dos encoros de Peares (1955) e Belesar (1963), que transformaron o espacio físico da ribeira de xeito total. Con eles desapreceron moitos asentamentos poboacionais sitos a pé de río e perdéronse moitas terras de cultivo. Foi a fin dun modo de vida e, con el, o das barcas de río das que apenas se conservan media ducia de exemplos no curso medio do Miño; na chantadina aldea de Pincelo aínda se pode ollar algunha destas embarcacións.

Fotos das barcas cedidas pola fundación Xosé Soto de Fión



  Artigos relacionados
 
     :. Barcas do Minho
       
www.barcas.org (galego)
     :. Fundación Xosé Sotode Fión
       
www.sotodefión.org
web desenrolada por novodesenho créditos