 |
Síntome moi ledo de poder chegar a todos vós a través deste espazo virtual, donde podedes atopar todo tipo de información referente a Chantada, as súas actividades, festas, servizos e todo aquilo que vos interese, tamén como e cando podedes acudir ás distintas actividades.
Chantada constitúese hoxe en día nun municipio moderno, adaptado ás novas realidades. Esta páxina web vén a cumprir un dos obxectivos que nós temos marcados, modernizar os servizos que se prestan ós veciños e ós cidadáns do mundo que deste xeito e dende calquera punto do planeta queiran acceder á información do noso municipio.
Chantada é un municipio do interior de Galicia que loita día a día por se dar a coñecer a tódolos niveis dada a súa oferta tanto a nivel turístico como empresarial, motivado pola súa estratéxica ubicación a carón de varias das grandes cidades de Galicia. A oferta deste Concello a tódolos niveis é inmensa, con hoteis, casas de turismo rural, rutas de sendeirismo e asimesmo todas as actividades de gran sona que fan posible que este municipio sexa coñecido, tendo sido declarado Municipio de Interese Turístico pola Xunta de Galicia. A oferta gastronómica é inmellorable, con productos propios desta terra e tamén os viños da Ribeira Sacra, de tanta sona e recoñecemento.
Moitas son as cousas que non se poden comprimir neste espazo, son a oferta dun Concello, como o de Chantada, ó que tedes que acudir se o queredes descubrir, xa que unha vez aquí, estou seguro atoparedes máis do que de calquera xeito poidades imaxinar. |