mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
    6.1. Santiago de Requeixo
    6.2. San Cristobo de Fornas
    6.3. San Paio de Muradelle
    6.4. San Salvador de Brigos
    6.5. Santa María de Camporramiro
    6.6. Santa María de Nogueira
    6.7. San Miguel do Monte
    6.8. Santa María de Bermún
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres

ampliar
S. Cristobo de Fornas
6.2. San Cristovo de Fornas
    Son varios os documentos históricos que fan mención desta igrexa sita na parroquia do mesmo nome. Exemplo do dito témolo nun códice feito en terras moi lonxanas, en concreto en Letrán (Roma), que foi redactado no ano 1224. Foi neste tempo cando o Papa Honorio III recibiu baixo a súa protección ó abade e Mosteiro de Oseira e ás súas posesións entre as que aparece a “ecclesiam sancti Christofori de Fornia cum ómnibus pertenentiis” (Igrexa de San Cristovo
ver
Papa Honorio III
de Fornas con todas as súas posesións). Outro texto, de época máis recente (ano de 1357), tamén fala da freguesía onde se sitúa esta construción. Neste ano un relixioso da abadía de Oseira, en nome dos seus superiores, merca a Margarita Miguélez os bens das parroquias de Santo Tomé de Veiga e San Cristovo de Fornas. Século e medio máis tarde, o abade e bispo de Tarso, don Suero de Oca, afora a Inés López o lugar Quizudo, sito neste termo parroquial.

    Estamos diante dunha igrexa románica da segunda metade do século XII, feito ó que se refire unha inscrición sita no tímpano da porta principal e que se atopa moi desgastada a día de hoxe. Dunha soa nave e con ábsida rectangular, posúe unha cuberta de dúas augas realizada en madeira. No seu exterior son de admirar diversos canzorros historiados amais dunha fermosa ventá, sita na ábsida, con clara tendencia románica. Hoxe sábese que o edificio foi bastante modificado aínda que non se ten ningún tipo de dúbidas ó cualificar a nave e a ábsida como románicas. Parece ser que nesta última parte da igrexa se descubriron restos de pinturas dos séculos XVI ou XVII que facían referencia ó tema da Resurrección. Segundo parece, estas pinturas puideron ser realizadas polo mestre de Fornas cuxa obra se localiza na zona de Chantada. Pintor do século XVI, a súa arte pode admirase nesta igrexa de Fornas amais de no templo situado na chantadina parroquia de Santa Baia de Adá; sen dúbida ambas son obras do mesmo autor pola coincidencia estilística de formas. Este mestre de Fornas mostra predilección po las figuras de tamaño case que natural, representándoas con moita severidade e en actitudes hieráticas e sedentes. As cores que prefería utilizar nas súas obras eran os grises e vermellos nas súas diferentes tonalidades.
  voltar ó índice
6.3. San Paio de Muradelle
ampliar
Tímpano da igrexa de San Paio de Muradelle
   Para falar de dita construción debemos comezar nun primeiro momento polo santo titular da freguesía. Paio (Pelayo en castelán) foi un mártir de castidade no limiar da xuventude. Nado en Galicia foi levado ó cárcere de Córdoba co seu tío Hermenegildo, bispo de Tui. O Califa ó ver que non dobregaba na súa virtude mandouno martirizar o día 26 de Xuño do 925. Os seus restos foron trasladados a León e máis tarde a Oviedo onde aínda hoxe é venerado polos fieis. O seu culto estendeuse por toda Galicia facéndose titular de moitas igrexas, feito acontecido a finais do século X ou con máis probabilidade, a comezos do XI. Yzquierdo Perrín cita esta igrexa da que comenta que é unha doazón feita por un tal Ermesinda ó Mosteiro de San Salvador de Asma o seis de Xaneiro do ano 1073. A mesma igrexa aparece citada nunha manda testamentaria de 1333 no testamento de Vasco de Temes.

ampliar
Detalle do ratábulo
            Da época románica conserva as dúas portadas da nave e algún fragmento de muro na parte do frontis. A finais do século XVIII acometeuse a súa restauración edificándose unha nova ábsida e engadindo unha capela lateral. No seu interior destacan diversas esculturas, a máis significativa pola antigüidade é a de Santa Lucia que se cre do século XVI, amais de algúns retablos. É de salientar tamén un cáliz de prata sito na sancristía o cal contén unha inscrición que di: “ SE HIZO EN 1740/SE REFORMO EL AÑO DE 1832 ”
  voltar ó índice
ampliar
S. Salvador de Brigos
ver
Fernando III
ampliar
Detalle dun capitel
ampliar
Representación de Adán nun canecillo
6.4. San Salvador de Brigos
  
O nome de San Salvador de Brigos (o divino Salvador) fai referencia, con case total seguridade, ó asentamento nesta zona dunha primitiva comunidade cristiá. Deste dato pódese inferir ou supor a existencia dunha igrexa anterior a actual románica. Unha pía bautismal sita no interior da edificación pode apoiar esta tese pois crese anterior á mesma, se exceptuamos o seu basamento. Vázquez Saco menciona nunha das súas obras que da igrexa de Brigos non se coñece mención antes do 1232, data na que existe un diploma no que o rei Fernando III doa e acota ó Mosteiro de Santa María de Azibario (Acibeiro) a vila e igrexa de San Salvador de “uibros” (Brigos). Citable tamén é outro documento enclavado no ano 1264 polo que dona Teresa López cede á Catedral de Lugo o terzo desta igrexa. Nesta freguesía naceu o día 11 de Decembro do ano 1723 o frade Juan Alfonso Varela Losada, fundador da Orde da Penitencia. Procedente dunha familia nobre, os seus pais foron Juan Eiriz e María Rosa de Cabo e de Losada. Era o máis novo de catro irmáns aínda que con posterioridade, e unha vez morta a súa nai, o seu pai contraeu segundas nupcias das que nacen tres irmáns máis. Á pronta idade dos dez anos trasládase a Monforte de Lemos para realiza-los seus estudos aínda que os maltratos que lle infrinxe o seu tío, que foi nesta vila o caseiro de Juan, lle obrigan a fuxir. Unha vez en Madrid alístase na milicia aínda que non soporta a dura vida do exército. Despois de escoitar un sermón decídese retirar a facer os exercicios de san Ignacio. Trasládase a Roma xunto con Rosa del Castillo donde se presenta ó Papa Benedicto XIV no ano 1752. Nesta histórica cidade sufre diversas vexacións que resolven ó mencionado Pontífice a expulsalo da mesma xunto coa súa acompañante. Pasa por Ferrara, Nápoles e Alexandría. Juan Alonso Varela terá que superar diversos acontecementos ata que Pío VI aprobe a Orde da Penitencia de Xesús Nazareno. Morre o 22 de Maio do ano 1769.
Despois desta pequena biografía, referente a unha das moitas personaxes ilustres de Chantada, toca referirse á igrexa parroquial, obxeto de estudo neste apartado. Estamos diante dun edificio que case na súa totalidade conserva traza románica; de tal aseveración temos que exceptuar algunhas pequenas alteracións que afectan ó alzado sur da nave, á parte alta do frontis, á parte do muro sur da nave e a adición da sancristía. Constatar que na parte alta do frontis atopamos unha inscrición na que aparece reflectida a data na que se consagrou o templo: 1228. Con teitume a dúas augas a porta principal ven enmarcada por un arco de medio punto con gran profusión ornamental. Tamén se aprecia unha porta norte que na actualidade aparece tapiada. Na ábsida é salientable unha fermosa ventá; exteriormente son salientables diversos canzorros de gran valor arquitectónico apreciables tanto no muro sur coma no norte. No seu interior destaca unha escultura de San Salvador amais dunha santa que se cre feita no século XVIII.

  Artigos relacionados
 
     :. Honorio III
       
Legión de María, Hermosillo
     :. Fernando III. (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Pío IV
       
Legión de María, Hermosillo
   

web desenrolada por novodesenho créditos