mapa web contacta co concello páxina principal
galego

 

 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
    6.1. Santiago de Requeixo
    6.2. San Cristobo de Fornas
    6.3. San Paio de Muradelle
    6.4. San Salvador de Brigos
    6.5. Santa María de Camporramiro
    6.6. Santa María de Nogueira
    6.7. San Miguel do Monte
    6.8. Santa María de Bermún
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres

6. A colonización monacal e a pegada do románico
ampliar
Igrexa de Sta. Mª de Pesqueiras
    Situada xeograficamente no corazón de Galicia, Chantada tamén se caracteriza por estar sita en plena Ribeira Sacra. Este espazo físico ten toda unha serie de parámetros ou características xeográficas que a fan ideal para o illamento e o retiro; estes aspectos foron bastantes solicitados por moitas das congregacións relixiosas, exemplo temos en Santa María de Pesqueiras, que na Idade Media se atopaban en plena efervescencia ou apoxeo. Convén entón facer un pouco de historia sobre esta zona xa que a gran profusión de edificios románicos existentes no concello non se comprendería sen este espazo natural e sen a colonización monacal que no mesmo se produciu. A composición “Rivoyra Sacrata” aparece na grafía por primeira vez cando transcorre a data de 1124, nun texto ou documento no que a raíña Tareixa de Portugal ordenou a fundación do mosteiro de Montederramo. Pero por aqueles momentos o termo tan só facía referencia ás ribeiras do río Sil, onde se ten constatado que xa a partires de comezos do século V d.C. se instalaran numerosas comunidades relixiosas. Entón, como é que na actualidade parte do río Miño figura como parte integrante da Ribeira Sacra?, pois por algo ben sinxelo; unha vez o fenómeno monástico se foi estendendo polas súas inmediacións chegou irremediablemente ata o canle fluvial do Miño. Foi deste xeito como o este termo comezou a englobar espazos físicos máis extensos.
ver
San Benito de Nursia, fundador da
orde Benedictina
 
    Unha vez presentada a o rixe do termo convén adiantarse no tempo ata o momento no que o cristianismo asentou nestas terras sagradas, tal e como foron definidas pola raíña Tareixa. Será neste intre cando se produza o nacemento do monacato que tanta singularidade lle aportará a este espazo físico. E é que na Ribeira Sacra se da, con case total seguridade, a maior concentración de igrexas (moitas das mesmas con traza románica) e mosteiros de todo o continente europeo. Para referendar este dato baste con expor unha cifra: esta zona posúe un total de 27 centros relixiosos de considerable relevancia tanto histórica como artística. É bastante probable que a orixe do cristianismo na Ribeira Sacra estea nos eremitorios que na Alta Idade Media se situaban nesta área xeográfica. Noticias dos mesmos xa se teñen nos séculos IV e V d.C., en época de Prisciliano, e foron estas eremitas as que posteriormente se transformaron en mosteiros ben cistercienses ou beneditinos, ben masculinos ou femininos. Estes contribuíron a fomentar a chegada de poboación ás nosas terras ademais de seren receptores de moitas das atencións que a partires daqueles intres tivo a Ribeira Sacra por parte de nobres e reis. O proceso de consolidación destes centros relixiosos veu fundamentado entorno a tres criterios fundamentais:
1. As reformas levadas a cabo por San Fructuoso, transformaron a organización das comunidade.
2. A chegada a terras peninsulares dos árabes, feito que propiciou o retiro e o refuxio de moitos monxes vidos de todos os recantos de Galicia.
3. o descubrimento no ano 813 do sepulcro do apóstolo Santiago. A esta consolidación tamén contribuíu a imposición da regra beneditina a cal introduciu de cheo as abadías no sistema de produción feudal.

San Fructuoso
            O momento de maior esplendor do monacato en terras da Ribeira Sacra produciuse no período que abarca da reforma do cister ata o século XV. Será a partires desta última data cando de comezo o declive da vida monástica. É un feito o dato de que moitos mosteiros de pequenas dimensións, en sentido material, foron absorbidos por outros de maior calado que non dubidaron en practicar sobre estes unha política centralista que os levaría ate a súa desaparición. Pero non é menos certo que o modo de vida que dende estes centros se promulgaba entrou en franca decadencia; á par deste fenómeno tamén se constata o dato de que moitos dos abades, que eran os que impoñían este estilo de vida, se comportaban como nobres que vivían de rentas fora dos respectivos mosteiros.

ampliar
ampliar [+]
Igrexa de Santo Estevo de
Ribas de Miño
O concello de Chantada atópase inzado de templos e igrexas pertencentes a este estilo o que nos da mostra do importantísimo patrimonio do que dispoñemos. Como xa dixo, a colonización monacal foi un feito indispensable para que o románico arraigase na nosa comarca. A pegada deste nos séculos medios vémola en multitude de construcións; exemplo disto son as igrexas de San Salvador de Asma, Santa María de Camporramiro, San Cristovo de Mouricios, Santa María de Nogueira, San Paio de Muradelle e San Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao); todas elas baixo xurisdición do Mosteiro de San Salvador de Asma . Pero si a estas unimos e incluímos os templos e fundacións pertencentes a antiga xurisdición de Chantada, entón o número de templos románicos aumenta considerablemente. Exemplo disto, témolo nas igrexas e freguesías de Santa María de Arcos, San Vicente de Argozón, Santa María de Bermún, San Cristovo de Fornas, San Miguel do Monte e a de San Salvador de Brigos, todas elas no actual concello de Chantada; a estas temos que engadir as igrexas románicas de Santiago de Lousada e Santiago de Pradeda, sitas no Concello de Carballedo dende que foron separadas da xurisdición de Chantada ó ser suprimidas as xurisdicións territoriais.
  voltar ó índice
Tímpano da igrexa de
Santiago de Requeixo
6.1. Santiago de Requeixo
   Igrexa sita na parroquia do mesmo nome, posúe unha ampla e controvertida historia. Nunha serie de codios enclavados cronoloxicamente entre os anos 1248 e 1294, aparecen toda unha serie de referencias acerca desta construción que aportan unha valiosa información. Pero de entre todos eles, existen tres que posúen especial relevancia xa que nos mesmos se recollen diversos aspectos que nos permiten percibir dun xeito máis claro o pasado histórico desta igrexa. Comecemos dicindo que, segundo parece, esta edificación estivo nos seus primeiros momentos desligada do concepto parroquial, aparecendo máis unida á noción de comarca. Tamén se nos expón nos textos que en tempo pretérito o nome da igrexa (Santiago de Requeixo) non era este, presentándosenos como Santiago de Villajuste. Para referendar isto último baste con citar dous documentos medievais: - nun deles os fillos de Juan Arias venden ó mosteiro de Oseira parte dos casais de A Lama e A Porta que estaban sitos na freguesía de “Santiago de Vilaxuste”, en terra do Asma; - noutra venda fálase da “villa” de Requeixo da cal se di estar enclavada na freguesía anteriormente mencionada. Pero destes escritos pódese extraer outra conclusión que aparece referendada por diversos instrumentos notariais: os monxes do veciño mosteiro de Oseira íanse apoderando con progresividade e legalmente dunhas terras que logo lles habían de pertencer na súa maior parte e que entraban entre as administradas polo priorado de Furco.Con todo o comentado e apoiándonos sempre en referencias históricas, non resulta estraño expor que o nome de Requeixo teña unha connotación xenérica de comarca. Segundo cren algúns historiadores dentro da gran comarca denominada “Terra do Asma” existía unha especie de subcomarca co nome de Requeixo. Pero aínda é máis, se na actualidade buscásemos o nome de Requeixo na parroquia do mesmo nome non o atoparíamos; non existe a día de hoxe ningunha aldea con este denominación. Este dato pode referendar o anteriormente exposto. Nos documentos tamén aparece reflectido o topónimo de Navego do que na actualidade sabemos que fai referencia a toda unha comarca do arciprestado que abarca as parroquias do Noroeste de Chantada.

ampliar
Canzorros no exterior da igrexa
            En canto a igrexa propiamente dita dicir que da obra románica da segunda metade do século XII tan só queda a ábsida completa e parte dos muros da nave. A ampliación da nave actual sobre dos restos da primitiva é obra do século XVIII. Diante da igrexa podemos ollar un cruceiro cunha efixie; o mesmo data do século XIX e está feito en granito. No interior do edificio existen diversos retablos amais de algunhas esculturas das que a máis antiga data do século XVI e representa a San Xoán Evanxelista. Digna de mención pola importante devoción que existe cara a mesma é a talla da Nosa Señora do Faro realizada no século XVIII. Na actualidade e, na ábsida, atópanse ó descuberto unha serie de pinturas murais de gran valor artístico que fan referencia a diversas pasaxes bíblicas. Relátanse, con escrituras anexas, a creación do home e a expulsión de Adán e Eva do Paraíso. No exterior da igrexa é salientable un tímpano sito nunha das paredes da sancristía (que se atopa anexa á ábsida) que acolle, segundo se cre, a unha rudimentaria figura de Santiago acompañado de San Ataniso e San Teodoro, dous dos seus apóstolos; isto último non se pode aseverar con certeza absoluta xa que pode ser que o aparecido no tímpano faga referencia o sacerdocio ministerial, á figura do bispo ou a calquera outro santo. De gran valor tamén son os canzorros historiados da ábsida entre os que merece especial mención a figura dun danzarín cun xesto de marcada contorsión.

  Artigos relacionados
 
     :. ¿Prisciliano de Compostela?
       
C. Rodríguez. Diario de León
     :. San Bernardo y el Císter.
      
www.artehistoria.com (español)
     :. Cluny y la reforma religiosa.
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Reforma del monacato
       www.artehistoria.com (español)
     :. Monasterio de Oseira
       
Universidade da Coruña (español)
     :. San Benito De Nursia. (Biografía)
      
www.artehistoria.com (español)



web desenrolada por novodesenho créditos