mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Museo do Castro de Viladonga
 
Amigos do Castro de Viladonga
 
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
 
Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
 
Museo Arqueolóxico e Histórico de Sta. Tegra
 
Museo Provincial de Pontevedra
 
Concello de A Coruña
 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
    1.1. O castro de San Sebastián
    1.2. Seguindo os pasos dos castrexos

    1.3. Os brigancios e a perdida “Farum Brigantium”
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres

1.3. Os Brigancios e a perdida “Farum Brigantium”
   
Unha vez citados algúns exemplos de castros no municipio e comarca toca referirse ó controvertido pobo brigancio . Moitos son os autores que falan da presenza dos mesmos no noso país e inclusive da súa estancia en terras de Chantada. Desta derradeira teoría, como xa se comentou en anteriormente, fíxose eco o prolífico autor e ilustre chantadino de adopción, don Manuel Formoso Lamas [ver+]. Este dinos que os brigancios se asentaron no citado castro de San Sebastián cuxo señorío lles fora concedido polo rei Brigo; alí construirían unha Torre Forte que sería derruída tralas invasións normandas. Este rei ou caudillo aparece mencionado en diversas publicacións tales como a “Historia do Reino de Galicia”, realizada por Pascasio de Seguín, ou nunha cronoloxía dos reis de España escrita polo ilustre Juan Nanni (Dominico de Viterbo). Tamén manifesta que no pasado a vila de Chantada tomou por nome o de Faro Brigancio (a Farum Brigantium da antigüidade), tomando a primeira palabra tal vez da inmediata Serra do Faro, ou tal vez se chamou El Faro tomándoo da propia vila.

    Formoso Lamas basea esta derradeira teoría na existencia na actualidade de topónimos e apelidos que poden gardar certa relación con este pobo. Para exemplificar o comentado tan só nos temos que desprazar ata á freguesía de San Salvador de Brigos onde se sitúan, ademais doutras, dúas pequenas aldeas cuxa singularidade reside no seu nome: Brigos de Abaixo e Brigos de Arriba. Se a isto unimos o feito de que na actualidade se ten constatado a existencia do apelido Brigueiro, atopámonos cun amplo campo aberto a todo tipo de especulacións que, como xa  se expuxo con anterioridade, foron a base do exposto por Formoso Lamas. Cómpre salientar que desta teoría non temos constatación histórica e hoxe en día atópase moi cuestionada. Vázquez Seijas , outro gran estudoso, expón as dúbidas que as teorías do seu Gómez Ledo lle produce. Non parece suficiente o feito de que no concello aparezan topónimos e apelidos relacionados, dalgún xeito, cos brigancios para afirmar o seu asentamento en Chantada.
  voltar ó índice
Aspecto antigo da Torre de Hércules
    Na tentativa de esclarecer este polémico asunto aportemos diversas consideracións. Todo parece indicar que a Brigantium do pasado, que no século IV adoptou a grafía de Brigantia e que na Idade Media pasou a denominarse Farum Brigantium (nesta época non se reflexa nos textos ningún dos dous topónimos citados en primeiro lugar), estaba sita na actual Coruña aínda que outros historiadores sitúana na costeira localidade de Betanzos. A día de hoxe téndese a pensar, as fontes clásicas así o testemuña, que esta poboación tiña por marco xeográfico global o golfo Ártabro. Pero vaiamos máis aló. Existen dous aspectos que tenden a referendar a teoría da orixe coruñesa de Brigantia: - o afamado Paulo Osorio, cuxo marco vital se circunscribiu a fins do século IV e comezos do V, relata como na “Brigantia” existía un “altissiman pharum” que se pode tomar coma unha clara referencia a actual Torre de Hércules; - o segundo dos datos é aquel que nos remite a diversas escavacións arqueolóxicas realizadas na cidade da Coruña (1949/1985), que deron como resultado o achado de diversos restos que foron datados no derradeiro terzo do século I e comezos do s. II. Tal cronoloxía concordaría coas datas históricas atribuídas á cidade de Brigantia amais de ser similar á data estimada para a Torre de Hércules; esta, que foi reedificada por completo no século XVIII, pénsase que foi erguida a comezos do século I polos restos de épocas pretéritas aparecidos no interior do faro.

Deusa Brigantia
    Unha vez aclarada a situación da antiga Farum Brigantium toca referirse o topónimo en si. Este posúe unha orixe celta equivalente ó termo “Brigit” cuxo significado parece ser que era o de alto ou elevado en sentido xeográfico e sagrado. Segundo se ten constatado, Brigantia era unha deusa celta, máis concretamente era a deusa do lume, da sabedoría e da fertilidade; pénsase que, por influencia romana, adquiriu co tempo diversos atributos de Minerva. A festividade de Brigantia celebrábase o primeiro día de Febreiro e logo, unha vez estendido o cristianismo, pasou a festexarse o día de Santa Bríxida.

  Artigos relacionados
 
   :. Brigantium
       
www.celtiberia.com (español)
     :. Breogán, Hércules, la torre y los Milesios.
        
www.celtiberia.com (español)
   :. Los hijos de Mil de España ¿Leyenda o realidad?                  La leyenda del Lebor Gabbala.
        
www.celtiberia.com (español)
   :. A Torre de Hercules
        
Joseph Cornide
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos