mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
    7.1. San Salvador de Asma
    7.2. Santa María de Pesqueiras
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres
       
7. O explendor do Monacato en terras de Chantada
  
Ninguén dubida da gran relevancia historico-artística que as igrexas citadas no apartado anterior posúen pero non é menos certo que o esplendor ou o clímax do románico no concello de Chantada recae sobre dúas edificacións concretas: San Salvador de Asma e Santa María de Pesqueiras. A súa importancia no tocante a temas artísticos está fora de toda dúbida pero o seu protagonismo foi moito máis aló. Estes antigos mosteiros beneditinos, os únicos en todo o municipio, foron propietarios de importantes terreos que abarcaron non só ó municipio do Asma, senón a concellos limítrofes tales como Carballedo ou O Saviñao (caso de San Salvador de Asma); salientable tamén é o feito de que moitas das xentes que por aqueles tempos residían en Chantada aparecían vinculadas, irremediablemente, a estes centros relixiosos que se converteron en eixos reitores das súas vidas..

7.1. San Salvador de Asma
ampliar
Vista cenital da Igrexa e o priorado de S. Salvador de Asma
    Se algún edificio de Chantada e comarca gozou de importancia e notoriedade no devir histórico ese foi o mosteiro de San Salvador de Asma. Dende a súa fundación ata o seu declive, que deu comezo aló por finais do século XV, este cenobio exerceu o seu señorío na maior parte dos territorios da comarca chantadina. Gobernou sobre terreos e persoas, dominou bens e concienciou almas polo que baixo ningún concepto se pode poñer baixo sospeita a singularidade e importancia deste mosteiro beneditino. Por todo isto, cómpre darlle a esta edificación un tratamento especial e singular co fin de que o lector se faga unha idea clara da importancia da mesma ó longo da historia.Cando se fundou o mosteiro de San Salvador de Asma? A día de hoxe non se pode aseverar nada con certeza histórica. É habitual o feito de atribuír a fundación deste cenobio dúplice ó afamado conde Ero Ordóñez e a súa dona Adosinda, aló por finais do século IX ou X, pero a día de hoxe tal dato está baixo sospeita tal e como nos mostran diversos estudos realizados por algúns prestixiosos investigadores. Un exemplo dos mesmos témolo e V. Saco quen nas súas indagacións polo Arquivo Histórico Nacional atopouse cun cartafol (o número 708) que aporta algunha luz sobre a fundación de San Salvador de Asma. Esta escritura, na que se recolle unha doazón realizada por unha tal Ermesenda (a cal se cre bisneta de Ero Ordóñez e que era monxa deste cenobio) ó mosteiro no ano 1073, di o seguinte: “Modo facio ego testamentum scripture and ipsum monasterio de plantata quos edificauerunt illos meus abolos comes Ero Ordoniz et coniuge eius Adosinda confesa y ad seruos et ancillas dei ibidem existentes”. Este relato tradúcese do seguinte xeito: “Fago eu agora escrituras de testamento a favor do mesmo mosteiro de Chantada que edificaron aqueles meus avós, o conde Ero Ordóñez e a súa dona Adosinda confesa, e (tamén a favor) dos servos e servas de Deus que alí viven”. Desto pódemos extraer dous aspectos básicos: que o mosteiro foi fundado polo conde Ero e pola súa dona e que tal cenobio era dúplice, isto é, de monxas e monxes. Pero estes datos póñense en contradición cos resultados das investigacións do estudoso Nicanor Rielo quen conclúe que San Salvador de Asma xa existía con anterioridade ó mencionado conde. Tal reflexión aparece referendada por diversos achados arqueolóxicos que sitúan vestixios prerrománicos na actual igrexa. Entón, cómo se pode explicar todo isto?; o máis probable é que don Ero non realizase unha fundación en estrito senso, senón que fixese unha especie de refundación coa que revitalizaría en gran modo a un mosteiro en crise. A día de hoxe, pódese suxerir con bastante certeza o feito de que con anterioridade ó conde xa existía un mosteiro dúplice no que o os monxes terían como titular a San Estevo e as monxas a San Salvador; este dato concordaría co cartafol atopado por V. Saco. Tamén é común a crenza de situar neste solar o controvertido castelo e torre de Chantada; o mesmo tería como derradeiros propietarios ós Condes de Lugo e sería destruído nas invasións normandas.
  voltar ó índice
Alfonso IX
    Trasladámonos ó século XII. O que fora fundado como mosteiro dúplice transformouse nesta data en cenobio de monxes suxeitos á observancia da regra de San Benito. San Salvador de Asma era cabeza da xurisdición de Asma cuxo señorío exerceu durante varios séculos o abade de dito mosteiro. O mesmo chegou a acadar extraordinaria importancia xa que á xurisdición monacal estaban sometidas as parroquias de San Salvador e Santa Uxía de Asma, San Bartolomeu de Belesar, Santa María de Camporramiro, San Paio de Muradelle, San Cristovo de Mouricios, San Mamede de Pereira, San Estevo de Ribas de Miño e Santa María de Nogueira. Nelas exercía señorío o abade do mosteiro cos poderes da xurisdición civil e criminal. Durante longos anos, os monarcas da Baixa Idade Media protexeron e ampararon coas súas doazóns e ordenanzas os bens do convento. Sobre este aspecto existen multitude de documentos, creo que importantes para coñecer de certo o importante rol que xogou este mosteiro, dos que a continuación farei mención. Alfonso IX mostrouse como un gran protector de San Salvador de Asma aspecto demostrado na toma baixo a súa protección e acote da veiga de Portoriz que pertencía ó cenobio (Vilafranca a 23 de Marzo do ano 1188). O monarca daralle como coto o que lle pertencía en Santa María de Camporramiro (Abril do 1208)
ampliar
Alfonso X   “O Sabio”
. Tamén Fernando III (27 de Outubro do 1231) e Alfonso X (26 de Setembro do 1259) ampararon ó convento, confirmando moitos dos privilexios dos seus antecesores. O rei citado en derradeiro lugar prohibiu, mediante privilexio rodado, que os funcionarios reais entrasen no coto de Asma eximindo ós habitantes do mesmo do pago do “yantar” e do “pedido”; ó mesmo tempo confirmoulle ó mosteiro o beneficio da metade do portazgo da feira de Chantada. Sancho IV eximiu ós vasalos da abadía do pago da “fonsera” (Burgos, 14 de Abril do 1290) e acotou a favor do abade Gonzalo e dos seus sucesores, cantas propiedades posuía en San Estevo de Chantada (en Valladolid a 18 de Xullo de 1290). Os beneficios procedentes da coroa non remataron aquí. Alfonso XI, aparte de confirmar os privilexios citados con anterioridade (Xerez dos Cabaleiros, a 25 de Abril do ano 1331), recibiu unha protesta por parte do abade de San Salvador de Asma (don Juan Pérez) na que se queixaba do cobro ós seus vasalos do “yantar”. O monarca puxo en marcha unha investigación sobre este asunto que habería de levar a cabo o seu alcalde no “Adelantamiento de Galicia” don Fernando Díaz de Valladolid; ó mesmo tempo ordenou ós recadadores deste imposto que non se cobrase, documento realizado en Burgos o tres de Agosto do ano 1332. A pesar de todo o comentado, esta sentencia por parte do monarca non debeu de ser efectiva xa que tempo despois se viu na obriga de ordenar a Samuel de Abenax e ós seus recadadores dos “yantares” en Galicia de que non cobrasen tal imposto ós vasalos de Chantada. A escusa que Abenax puxera para non cumprir a sentencia de Alfonso XI fora a de non entender a letra dos privilexios reais que chegaran as súas mans, desculpa realizada en Cuenca no ano 1338 e que non foi aceptada polo rei como mostra a sentencia definitiva realizada por este.
  voltar ó índice
ver
Enrique III
      A historia continúa. Pedro I (Valladolid, a 14 de Setembro de 1351), Enrique II (en Toro, 15 de Setembro do 1371), Juan I (Burgos a 10 de Agosto de 1374) e Enrique III (Madrid, 15 de Xullo de 1393) confirman ó cenobio os privilexios concedidos polos seus antecesores na corte. Os dous monarcas citados en derradeiro lugar tiveron que enfrontarse contra das falsas encomendas que numerosos señores tiñan sobre os mosteiros galegos. Deste xeito e mediante unha provisión (Medina do Campo, 28 de Decembro do 1380), o abade Juan Pérez ditou sentencia contra Vasco Gómez das Seixas (señor da Poboa de Chantada) e Juan Núñez, invitándoos a que abandonasen os cotos que detentaban sen permiso nas terras de Asma, Temes, Lemos, Camba, etc.; tamén se especificaba o desexo do abade de que estes señores cesaran nas tropelía cometidas contra dos vasalos do mosteiro de San Salvador. Sobre estes desaforos temos noticias no testamento de Vasco Gómez das Seixas (1394) quen as portas da súa morte manifesta: “... entendo que son moi obrigado ao mosteiro de San Salvador de Chantada en algunhas cousas contra as súas liberdades e privilexios e franquicias e bos usos ...”. Tras recoñecer a súa mala actuación contra o cenobio chantadino outórgalle: “... por juro de heredad e esmola por a miña alma... o meu coto de Belesar que é en terra de Asma con todas as súas heredades...”. Temos constancia que diante das reclamacións feitas polo prelado do priorado chantadino, Enrique III viuse na obriga de ordenar a Fernando Yepes de Limia e á súa dona Juana das Seixas que non cobrasen os “pechos”, tributos e servizos ós vasalos e moradores dos cotos do mosteiro; tal orde foi distada o cinco de Abril do ano 1395 na madrileña localidade de Alcalá de Henares.
   

ver
Papa Benedicto XII
    Para facernos unha idea máis ampla do relevante papel xogado pola abadía sita en chantada citarei un pacto realizado co bispado de Lugo. O nuncio Rodrigo e o abade Gonzalo Eanes acordaron que o asceterio de San Salvador de Asma cobrase as rendas de Chantada e Santa María de Camporramiro, pacto rubricado na actual capital provincial o quince de Febreiro do ano 1303. Pero tal convenio debía de ser corroborado polo Papa, feito que non se produce ata o ano de 1337 coa aprobación feita polo Sumo Pontífice Benedicto XII. Noutra orde de cousas, convén cuestionarse cómo eran ás relacións existentes entre o mosteiro e a veciña vila de Chantada? Neste senso pódese argumentar que as mesmas eran bastante boas xa que ámbalas dúas partes debían favorecerse do seu respectivo status. Existen documentos que testemuñan isto; o 24 de Outubro do ano 1361 asínase unha carta de veciñanza concedida pola vila á abadía a cambio de que esta última lle pagase trinta marabedís ó ano.
Non é ningún descubrimento o advertir que os derradeiros anos de vida de San Salvador de Asma deberon de ser de gran penuria. Cómpre citar un documento esclarecedor: trátase dunha concesión realizada polo bispo de Lugo ó cenobio chantadino que data do ano 1343 e pola cal o nuncio Juan lle cede a este o padroado da igrexa de Santiago da Riba, freguesía moi menor que pertencía ó Decanato. O bispo xustifica esta acción polas grandes dificultades que a comunidade beneditina está a atravesar. Pero o factor que xogou maior importancia á hora de explicar as penurias do cenobio foi o gran desorde establecido en Galicia a fins do século XIV. Roubos, caos, etc; ese era o estado do país nesas épocas situación que levou a diversas autoridades a tomar cartas no asunto.
  voltar ó índice
ver
Papa Pio II
ver
Papa Alexandro VI
    Relatemos unha bula do Papa Pío II (Febreiro do ano 1462) na que se encomenda ó abade de Santa María de Ferreira de Pallares e o prior de Pombeiro a que se asegurasen de que lle fosen devoltos a San Salvador de Asma todos os bens mobles, inmobles e semoventes que lle foran subtraídos. Para asegurarse de que tal bula non fose pasada por alto, como no caso de Samuel Abenax citado en anteriores liñas, Pío II sentenciou que se a orde non era cumprida ambos priores serían excomungados. No ano de 1494, o priorado chantadino comeza a citarse como abadía dependente da congregación de San Benito el Real de Valladolid aínda que existen historiadores que afirman que tal circunstancia non se produciu ata dous anos despois, 1496. Será nesa data cando saia a luz unha bula ditada polo Papa Alexandro VI pola cal San Salvador de Asma deixa de ser unha abadía independente. A partires deste feito, será o abade deste mosteiro castelán (fray Juan de San Juan de la Luz ) o que nomeaba ós superiores do Priorado e os xuíces que rexentaban a xurisdición do Asma. As rendas do mosteiro chantadino servirían a partires deste momento para sufraga-los gastos de formación e estudos dos novos monxes na casa central sita en Valladolid. Para rematar expor que o centralismo promulgado dende este centro relixioso castelán leonés produciu unha progresiva perda de importancia no desenrolo da vida relixiosa no mosteiro do Asma que se acentuaría co paso dos anos ate desaparecer.
  voltar ó índice
ampliar
Igrexa de S. Salvador de Asma
ampliar
Fachada da igrexa
    O listado de abades que exerceron goberno sobre San Salvador de Asma foi reconstruído en parte, dando como resultado o seguinte: Aloito (1073), Munio (1208), Pedro (1231), Martín (1259), Gonzalo Eanes (cuio mandato se estendeu do 6 de Maio de 1285 ó 12 de Abril de 1315), Juan Pérez (que goberna no priorato do 24 de Maio de 1317 ó de Setembro de 1352), Gonzalo Martínez (do 10 de Abril de 1354 ó 24 de Febreiro de 1374), Juan Pérez II (cuxo poder se estendeu preto de corenta anos, de 1379 ó ó 26 de Maio de 1419), Vasco Fernández (do 6 de Maio de 1422 ó 18 de Febreiro de 1438), Juan García (cuxo período de mandato se prolongou do 9 de Marzo de 1439 ó 12 de Maio 1455), Fernando Vázquez (do 29 de Xaneiro de 1456 ó 2 de Abril de 1473) e Álvaro Pena (pénsase que foi o último dos priores, gobernando do 3 de Outubro de 1473 ó 4 de Decembro de 1492).

ampliar
ampliar [+]
San Pedro, detalle do retábulo maior
ampliar
ampliar [+]
San Bieito
ampliar
ampliar [+]
Imaxe do Neno Xesús
    Se hoxe nos achegamos ata a freguesía de San Salvador de Asma, vulgarmente coñecida coma O Convento, só poderemos visitar a igrexa pois o que queda do convento pertence a mans privadas. A primeira edificación da igrexa data de finais do século XII aínda que na mesma se realizaron lixeiras reformas no século XVI; a segunda, priorado que foi do antigo mosteiro, data dos séculos IX ou X. O edificio consta dunha soa nave con cuberta de madeira, sufrindo diversas modificacións apreciables na disposición dos sillares e no labrado dos canzorros. Nunha parte do chan da mesma, na actualidade de madeira, constatouse a existencia de varios nichos de época bastante antiga.
A ábsida posúe diversos elementos que a fan moi interesante. Por exemplo a súa cuberta que se nos presenta a xeito de artesoado radial cun gran escudo na parte central símbolo da Real Orde de Valladolid de onde debeu de vir. Amais disto, posúe un gran retablo de fins do século XVI que se cre obra da escola de Berruguete e que na actualidade acaba de ser restaurado na súa totalidade. Tamén se poden apreciar outros retablos sitos en ámbolos muros da nave con diversas esculturas como son as de San Bieito Abade, o Neno Xesús, a Virxe do Rosario (século XVII), San Blas (s. XVI), etc. Digna de mención é tamén unha caixoneira enclavada na sancristía que provén do século XVIII.















  Artigos relacionados
 
     :. Los Vikingos (normandos)
        Ministerio de Asuntos Exteriores de Noruega (español)
     :. Alfonso XI (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Fernando III, El Santo (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Alfonso X, El Sabio (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Sancho IV (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Pedro I (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Enrique II de Castilla (Biografía)
       
wikipedia (español)
     :. Juan I (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Enrique III (Biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Benedicto XII (Biografía)
       
Legión de María Hermosillo (español)
     :. Pío II (Biografía)
       
Legión de María Hermosillo (español)
     :. Alexandre VI (Biografía)
       
Legión de María Hermosillo (español)

web desenrolada por novodesenho créditos