mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Museo do Castro de Viladonga
 
Amigos do Castro de Viladonga
 
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
 
Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
 
Museo Arqueolóxico e Histórico de Sta. Tegra
 
 
 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
    1.1. O castro de San Sebastián
    1.2. Seguindo os pasos dos castrexos
    1.3. Os brigancios e a perdida “Farum Brigantium”
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres

Guerreiro galaico
1. De Castros e brigancios
    Romanos, normandos, árabes, grandes liñaxes da nobreza; moitos foron os moradores da gran vila de Chantada e da súa comarca. Pero nun primeiro momento, aló cando o home comezaba a ser consciente de si mesmo, os habitantes do municipio eran outros. Non son tan coñecidos como os citados con anterioridade, pero é innegable a relevancia e o protagonismo histórico que chegaron a desempeñar. Estámonos a referir ás xentes pertencentes á cultura castrexa, berce dalgún xeito do que hoxe somos e mañá seremos. Con case toda probabilidade, esta cultura hai que remontala ó comezo da Idade de Ferro entre os séculos X e VI a.C. A partires deste momento, o home abandonará as fértiles chairas para instalarse en promontorios elevados onde características orográficas ofrecen gran protección (fosos, murallas, etc.) contra posibles invasores. Para valerse de tales beneficios decidiron renunciar a condicións climáticas máis benignas ademais de a solos máis fértiles. Pero ¿quen foron os moradores dos castros?; a este respecto existen diversas teorías. A máis aceptada a día de hoxe é a que nos fala dun poboamento de carácter endóxeno; é bastante probable que se producise unha evolución dos pobos indíxenas que recibirían influencias mediterráneas e de novas culturas procedentes de centroeuropa. Sen embargo existen autores, exemplo disto témolo en Cuevillas, que sosteñen que uns poboadores de orixe celta (sofos) chegaron ó país arredor do ano 600 a .C. Contan que conseguiron traspasar os montes que separan Castela de Galicia uníndose, e isto é importante recalcalo xa que en ningún momento se fala dunha invasión, ós pobos indíxenas da zona.

Castro de Paderne, Muradelle
  Deste xeito, a historia de Chantada hai que remontala ós días dos Castros que gozaron de ampla presenza no municipio. Recintos defensivos, onde se acollían os que alí vivían para defenderse dos seus inimigos, cumpriron multitude de funcións das que na actualidade temos certeza histórica; exemplo do comentado son as reunións de carácter relixioso e xudicial que nos mesmos se celebraron. A configuración castrexa aínda é visible nas planicies dos castros de Líncora, Centulle, San Sebastián, Nogueira, Moreda e Castro Candaz. Tamén podemos ollar dita disposición nos solares sobre os que se ergueron o mosteiro de San Salvador de Asma, a fortaleza de Paderne (Muradelle), a Torre de Arcos, a Torre de Pereira, a Torre de Quinteliña (San Salvador de Asma), a Torre de Teixeiro (Nogueira), a Torre de Vilaúxe e a de Merlán.
  voltar ó índice
1.1. O Castro de San Sebastián
   Situado a dous km. da vila de Chantada e enclavado na freguesía de San Salvador de Asma, posúe gran notoriedade histórica xa que hai quen sostén que foi morada do pobo brigancio. Aparece situado nunha estribación montañosa (a unha altitude de 745 m . sobre o nivel do mar) dende a que se domina todo o val de Chantada amais das terras de Taboada, O Saviñao e Carballedo; do comentado pódese inferir que os castrexos da época non elixiron esta situación ó azar, se non que se preocuparon de dar cun lugar estratéxico que lles proporcionase aquelas necesidades básicas para a supervivencia do grupo. Segundo unha visita realizada ó recinto polo ilustre mestre e estudoso Manuel Formoso Lamas a comezos do século XX, este castro aparecía rodeado por unha derruída muralla cuxo grosor puido roldar os 4 m. presentando a mesma unha forma irregular bastante próxima á circunferencia. Na súa parte Sur e Oeste posuía un foso e un contrafoxo, tendo o primeiro dos mesmos unha profundidade duns 6 m. e unha anchura duns 8 m. e medio. O segundo, de medidas máis modestas, contaba cunha anchura e lonxitude próxima ós cinco m. Parte destes foxos aínda se conservan na actualidade aínda que tal apreciación cómpre deixala en probable; a totalidade da superficie do castro atópase na actualidade recuberta de vexetación baixa (toxos, xestas, etc.), feito que fai moi complicado calquera tipo de aseveración. Na parte Leste do castro apareceron vestixios doutra muralla cuxas medidas aproximadas roldaban os 2,20 m. de alto por 3,30 m. de ancho. Entre os cascallos removidos atopáronse dous muíños de man, varios anacos de escoura de ferro e dúas laminiñas de cobre do que se pode inferir que no lugar se fundiu ou se exerceu algún tipo de industria. Manuel Formoso Lamas [ver+] na súa obra “Apuntes para a Historia de Chantada” formula a posibilidade de que este castro fora a residencia ou morada dos xefes brigancios, acollendo tamén a un gran número de habitantes.
Unha vez apareceu en escena o cristianismo, comezouse a levar a cabo unha práctica cuxo funcionamento alterou o aspecto físico dalgún castro. Consistía en erguer nos lugares onde se practicaran rituais e adoracións pagás, edificios de carácter cristián tales coma ermidas. O castro de San Sebastián non foi unha excepción e viuse afectado por esta ruinosa práctica. Hoxe non se conserva a ermida que neste lugar se levantou e tan só os anciáns lembran algunhas das paredes do templo aínda que si se conservan restos físicos da mesma; mostra disto témolo na aparición no lugar da metade dunha pía de auga bendita.

  Enlaces sobre a Cultura Castrexa
   
:. O mundo dos castros do Noroeste peninsular.
       
L. Xulio Carballo Arceo (Galego)
 
 
:. A Evolución da Cultura Castrexa: Cambio e        Continuidade. Felipe Arias Vilas (Galego)
 
:. El Mundo Castrexo Galaico.
      
Antonio de la Peña Santos (Español)
 
:. A Cultura Castrexa.
      
Felipe Arias Vilas - Mª Consuelo Durán Fuentes (Galego)
 
:. A Cultura Galaico-Romana.
      
Felipe Arias Vilas - Mª Consuelo Durán Fuentes (Galego)
 
:. Aspectos Medioambientales de la Cultura de los        Castros. Brigantinus (Español)
 
:. Los Guerreros Galaicos Brigantinus (Español)
 

web desenrolada por novodesenho créditos