mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Xoves 14 de Xaneiro de 2009
   “Dúas curtametraxes chantadinas selecionadas para os
   Premios Mestre Mateo”
Premios Mestre Mateo 2009  
O Labirinto Ario  
As Almas do Fental  
O Concello de Chantada quere amosar a súa ledicia e satisfacción porque dous chantadinos, Alfredo Pardo Hermida e David Vázquez Vázquez, directores das curtametraxes "O Labirinto Ario" e "As Almas do Fental", sexan candidatos a acadar o premio Mestre Mateo que anualmente entrega a Academia Galega do Audiovisual.

Para o Concello é importante o recoñecemento destas actividades artísticas, xa que con elas tamén podemos darlle a Chantada o pulo que precisa para continuar co seu despegue.

Desde as institucións é vital dar o apoio a estes dous traballos e aos seus creadores para que continúen a demostrar a súa madurez, profesionalidade e bo facer ao mesmo tempo que desexamos que acaden tan merecido premio.

Manuel A. Taboda Rodríguez
Alcalde de Chantada

lldefonso Piñeiro Díaz
Tenente-Alcalde


















  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos