O tenente de alcalde e portavoz do BNG, Ildefonso Piñeiro, recorda que o Concello de Chantada está a poñer en marcha o programa de Xantar na Casa, en colaboración coa Xunta de Galiza
O programa Xantar na Casa proporciona ás persoas beneficiarias unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo os casos de xeito individualizado e profesionalizado, mellorando a calidade de vida das persoas maiores ou dependentes por ter unha dieta inadecuada e un maior acompañamento de profesionais. Ademais evita situacións de risco que se poidan producir no proceso de elaboración da comida, facilita un respiro ás familias e coidadores e contribúe á conciliación da vida laboral e familiar das mulleres.
As persoas empadroadas e residentes no concello de Chantada, maiores de 60 anos e con limitacións na súa autonomía persoal, que carezan de apoio familiar ou estean en situación de exclusión social, serán as beneficiarias de Xantar na Casa.
“A alimentación das persoas beneficiarias será completa e equilibrada, variada e adaptada as súas necesidades, os seus gustos e aos seus hábitos. Ademais todos os menus estarán supervisados por persoas técnicas especialistas en nutrición e que, o custo máximo do servizo de xantar será de uns 2 euros por persoa e día, aportando o resto o Concello de Chantada e o Consorcio de Servizos de Benestar da Xunta de Galiza¨.
As solicitudes para este servizo pódense facer dende xa na oficina da Traballadora Social do Concello de Chantada en horario de mañá.
Ildefonso Piñeiro Diaz.
Tenente-Alcalde do Concello de Chantada.
|