É a primeira adega en funcionamento na provincia de Lugo, dende 1985, con capacidade para producir 80.000 litros. A partir desta iniciativa, e de outras que xurdiron posteriormente, xurdiu a denominación de orixe Ribeira Sacra. É pioneira na comercialización de viños de calidade embotellados e etiquetados en Lugo, cos máis modernos medios técnicos. En 1988 lanzou ó mercado a primeira liña de augardentes embotellados en porcelana de alta calidade.
Actualmente, das 9.5 hectáreas que posúen de viñedos, 4.5 son de cultivo ecolóxico, e no futuro agárdase elaborar viño ecolóxico coa produción destes viñedos.
|