Fundada en 2005, Viña Ribada foi levantada sobre unha antiga bodega tradicional, na súa rehabilitación, utilizáronse materiais nobres propios da zona, pedra do país e madeira de castaño.
Esta Bodega, como o seu propio nome indica, está situada nunha das “Ribadas” máis belas do río Miño, na parroquia de San Fiz, Chantada, desde onde se divisa unha paisaxe fermosa e única. |