É unha das máis recentes incorporacións á D.O., que recolle a herdanza dunha tradición familiar centenaria de colleiteiros e pretende seguir cun espírito de innovación e honestidade, que incorpora a todo o proceso as novas tecnoloxías enolóxicas. A “Granxas” de viñedos de Líncora, onde se atopa esta centenaria adega, enchían as cubas beneditinas de S. Salvador de Asma que ían parar ó cabido de Santiago, á bodega do Mosteiro de Oseira e aos banquetes dos condes de Lemos |