galego
mapa webcontacta co concello páxina principal
Principal que ver
Concello folión de carros
Situación entroido ribeirao
barcas do miño
Cultura e turismo
ribeira sacra lucense
camiño de inverno
Deportes
que facer
Educación
produtos locais
Economía
feira do viño
Urbanismo
festas
Servizos Sociais onde comer
onde durmir
Enlaces
área de autocaravanas
transportes
Direccións e teléfonos de interese
descarga de folletos e mapas
Suxestións
 
 
 
 
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Turismo : Que ver : Folión de Carros
É digno de destacar o Folión de Carros. Aparece enmarcado na celebración das festas patronais da vila (o Sábado das mesmas), esta data correspóndese coa cuarta fin de semana do mes de Agosto.
Folion de Carros
Folión de Carros 
ampliar
Carroza do Folión dos anos 30
   É digno de destacar o Folión de Carros. Aparece enmarcado na celebración das festas patronais da vila (o Sábado das mesmas), esta data correspóndese coa cuarta fin de semana do mes de Agosto.        

   Estamos diante dunha mostra de etnografía popular da que os seus orixes se poden remontar á Idade Media. Tan só por un día, os gremios abandonaban o seu tradicional illamento para facer como unha especie de manifestación conxunta onde se podían ollar a multitude de oficios que circundaban por aqueles tempos o noso concello. Non se deixou de celebrar tódolos anos a excepción daqueles que abrangueu a Guerra Civil; foi restituída no ano de 1949 polo entón alcalde Luís Campo Fernández.

ampliar
Folión de carros na actualidade
   Un dos actores importantes neste acto son as xugadas de bois e vacas que terman e empurran unhas carrozas que percorren as diversas rúas da vila; sobre as mesmas represéntanse diversos oficios moi populares na nosa comarca noutros tempos. Muiñeiros, zoqueiros, carpinteiros, etc., son algúns dos oficios retratados. Amais disto, tamén son escenificadas diversas labores agrícolas de fonda presenza en Chantada e con orixes que se remontan a tempos pretéritos da historia: a vendima, a seitura, a malla,... O folión de carros vén a representar a cultura popular destas terras que é unha mestura de diversos elementos: humor, respecto, tradición, nostalxia, etc. A súa importancia foi recoñecida en Maio do ano 2002 cando a Xunta de Galicia a declarou Festa de Interese Turístico.
  

web desenrolada por novodesenho créditos