Festas Patronais
As festas do Carme celébranse a derradeira semana do mes de agosto e abranguen dende o Venres ata o Martes desta semana e son as máis importantes de Chantada.
Nelas pódese gozar de fogos de artificio, orquestras, atraccións e actuacións musicais do panorama musical galego e nacional.
O Sábado desta semana ten lugar un dos actos máis relevantes destas celebracións declarado de interse turístico, trátase do desfile de carros do país coñecido como "Folión de Carros".
Festa da Empanada.
Tamén dentro do marco das festas patronais, o derradeiro día,martes, tanto os chantadinos como os visitantes desprázanse a unha carballeira, nas inmediacións da vila, para gozar dunha comida campestre onde a protagonista é a empanada.
A música tamén cobra protagonismo co Festival de Bandas de Música. |