mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Castañas Naiciña
 
Sidrería Gallega
 
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica
 
Cooperativa ICOS
 
Unión Fenosa
 
CRDO Ribeira Sacra
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
    12.1. Sobre as pegadas do xornalismo chantadino
    12.2. Apuntes da intrahistoria
    12.3. Os derradeiros retazos do xornalismo local
    12.4. Chantada e as guerrillas antifranquistas
    12.5. Aspectos xerais da Chantada de hoxe
    12.6. Demografía: fonte histórica
    12.7. Criterios económicos
    12.8. A sociedade contemporánea
  13. Algunhas personaxes ilustres
12.7. Criterios económicos
  
Gran parte da actividade económica do concello de Chantada aparece aglutinada entorno a un espazo físico concreto: o polígono industrial de Os Acivros . Situado a carón da estrada nacional 540 dista tres quilómetros da vila do Asma. Posúe unha superficie total de 111.791 metros cadrados dos que 44.791 están ocupados na actualidade si ben se ten proxectado unha ampliación do mesmo en máis de 350.000 metros cadrados. No seu interior atópanse diversas empresas e organismos que xogan un papel de fondo calado na economía chantadina. Exemplo desto témolo na empresa “Asma-Yect, S.L.” que en próximas datas se instalará nos Acivros. A súa produción centrarase na fabricación de radiadores e caldeiras de aluminio aínda que polas súas características mostrarase como óptima para a realización de calquera peza fabricada por inxección de aluminio. Estamos diante dunha empresa pioneira xa que é a única en toda Galicia destas características. Por todo isto, concedéuselle no ano 2003 o Premio ó mellor Proxecto de Creación de Empresa, galardón concedido pola Asociación de Empresarios de Lugo.

Castañas Naiciña
        Outra iniciativa empresarial cuxa produción se xera neste polígono industrial é a que leva a cabo “Castañas Naiciña”. Xurdida coma un pequeno negocio familiar, conta unha ampla presenza no ámbito internacional. A partires do ano 1985, a familia Areán González decidiu puxar e apostar por un produto de fonda presenza na nosa comarca pero moi pouco explotado: a castaña. Será neste intre cando dará comezo a especialización na elaboración e distribución deste alimento popular. Os produtos que Castañas Naiciña manufactura son moi diversos e de entre todos eles destacan: a crema de castaña, as castañas secas e frescas, o marrón en almíbar, a fariña de castañas, etc. Para comprender a magnitude desta sociedade, baste con dicir que exporta produtos a Asia, Europa e América. Para rematar cómpre salientar que esta empresa traballa en exclusiva con produtos de orixe natural polo que está adscrita ó Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Sidrería Galega
        Outro negocio de importancia con fonda presenza no municipio é o que realiza “Sidreria Gallega S.L.”. A súa actividade céntrase na produción de sidra. A materia prima exclusiva é a maza que unha vez seleccionada e elaborada en bodegas climatizadas mediante un proceso de decantación natural, da como resultado unha estupenda sidra. En cantos os produtos fabricados por este ente empresarial destacan a sidra, sidra natural, vinagre de sidra, augardente de sidra, licores a base de augardente de sidra, etc. Todo elo comercializase coas marcas de “Mazanova” para a sidra e o vinagre e “Quenza” para os augardentes e licores. Ó igual que acontecía coa sociedade anterior, Sidrería Gallega atópase adscrita ó Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia.
  voltar ó índice
Cooperativa ICOS
        Pero a economía chantadina non só reside nos Acivros; existen outros exemplos empresarias que tamén xogan un papel fundamental na dinamización económica do noso concello e comarca. Un dos mesmos témolo na cooperativa ICOS. Xurdida o 26 de Decembro do ano 2000 foi constituída trala fusión de catro cooperativas coñecidas anteriormente cos nomes de CHATACA (sociedade cooperativa limitada sita entre as chantadinas freguesías de Sobreira e Fornas), MEDELA (sociedade cooperativa limitada situada a carón da estrada de Ramil, termo municipal de Taboada), CODIPROGA (sociedade cooperativa limitada residente na Barrela, concello de Carballedo), e COOFARO (sociedade cooperativa limitada sita en Centulle, Chantada). ICOS é na actualidade a sociedade líder no centro de Galicia e a súa influencia esténdese non só a comarca de Chantada, senón tamén a concellos limítrofes tales como Monterroso, O Saviñao, Antas de Ulla e Portomarín na provincia de Lugo, e a Cea e Vilamarín situados na veciña provincia de Ourense. Esta cooperativa posúe na actualidade un número total de 867 socios aínda que cómpre non obviar un dato; ICOS conta tamén con clientes de número cuxa cifra ascende a un total de 286 persoas co que o número total de xente vinculada directamente á sociedade ascende á nada desprezable cifra de 1.153 clientes, unha das punteiras dentro da nosa comunidade autónoma. Os servizos que presta esta cooperativa son moi variados abranguendo multitude de ámbitos:
-Leiteiros (recollida do leite, ICOS posúe unha flota de camións de recollida amais de contar con laboratorios de análise do produto, mellora da calidade e comercialización)
-Alimentación (fabrícanse pensos e mesturas)
-Abastecemento (esta sociedade conta con supermercado, tenda agraria, etc.)
-Mantemento (taller mecánico para a reparación da maquinaria danada, etc.)
-Atención e asesoramento (instalacións de salas de munguido, fontanería, gas, electricidade, etc.)
-Maquinaria (venta de maquinaria agrícola, etc.)
Como empresa moderna e competitiva, a sociedade pon no mercado diversos produtos todos eles relacionados co sector gandeiro, centrándose no mercado dos pensos:
-Para vacas (de alta e media produción, de alta enerxía, etc.)
-Tenreiros (de crecemento, ceba e recría)
-Porcos (prearranque, arranque, crecemento-ceba, porcos reprodutores)
-Para polos (engorde), - coellos, etc.
Na actualidade este economato posúe un total de tres centros que se corresponden, agás no caso de COOFARO, cos centros fusionados no ano 2000; os mesmos sitúanse en: Sobreira-Fornas (concello de Chantada), na estrada de Ramil (municipio de Taboada) e na Barrela (termo municipal de Carballedo).
voltar ó índice
ampliar
ampliar [+]
Central Hidrieléctrica de Belesar
        Outro motor económico, pódese afirmar que o de maior importancia do municipio, reside nos ríos que transcorren polo concello. Dende a construción do encoro de Belesar, Chantada pasou a converterse nun dos lugares máis importantes do país na xeración de enerxía hidroeléctrica. A presa anteriormente mencionada púxose en funcionamento no ano 1963, sendo unha obra de extraordinarias proporcións xa que Belesar é o maior encoro de Galicia e un dos maiores de todo o estado. Xestionado por Unión FENOSA (Federación Eléctrica del Noroeste Sociedad Anónima), Belesar móstrase como unha presa tipo bóveda-cúpula cuxa lonxitude de coroación está nos seiscentos metros; a súa altura rolda os 129 metros e o volume do encoro achégase ós 655 Hm cúbicos. O conxunto alivia a presión mediante comportas cunha capacidade total para facelo de 4000 m2 cúbicos por segundo; Belesar xera unha enerxía bruta (cifra relativa ó ano 1999) de 613.322 MW/h/ano e a potencia por grupo está cifrada nos 75.000 Kw. Tamén conta Chantada cunha subestación transformadora. Propiedade de
Unión Fenosa
Unión FENOSA posúe unha considerable importancia xa que da mesma parten numerosas liñas cara puntos tan lonxanos como a provincia de Coruña ou Ponferrada, sen esquecernos de que da mesma parte unha interconexión cara a presa dos Peares. Debido á construción dun parque eólico nas proximidades (Faro-Farelo), esta subestación poñerase en conexión en próximas datas coa existente en Lalín feito que repercutirá notablemente na mellora das súas instalacións. O noso concello tamén posúe dúas minicentrais para a xeración de enerxía mediante o aproveitamento de correntes fluviais. A primeira delas é a de Tarrío que se aproveita do curso final do río Asma; propiedade de Navarro Generación S.A., xera arredor de 4.655 Kw de potencia e posúe unha altura de salto de 253 metros . Segundo estimacións do ano 1999 esta presa posúe unha xeración bruta de 18.152 MWH/ano. A segunda das minicentrais chantadinas é a de Enviande que se aproveita do río do mesmo nome. Propiedade de Cortizo Eléctricas S.A., posúe unha potencia que alcanza entorno ós 1.110 Kw, tendo unha altura de salto de 117 m . A xeración bruta de enerxía rolda (datos de 1999) os 3.221 MW/H/ano.
  voltar ó índice
D.O. Ribeira Sacra
Acio de Uva Mencía
        Chegado este momento non podemos nin debemos esquecernos dos viños da nosa zona, os da Ribeira Sacra. Nos derradeiros anos, convertéronse nun importante motor para a dinamización económica do concello. A súa produción, expandida por moitos lugares do mundo, fan dos viños da zona unha das principias esperanzas para a Chantada dos nosos días non só en temas financeiros, senón tamén como escaparate turístico do noso concello. A denominación de orixe do mesmo nome foi aprobada o trinta de Maio do ano 1995 mediante orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. O Consello Regulador divide a Ribeira Sacra en cinco subzonas: Amandi, Ribeiras do Miño, Quiroga-Bibei, Chantada e Ribeiras do Sil. A de Chantada aglutina no seu a un total de dez parroquias: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz, Belesar, San Pedro, Camporramiro, Santiago da Riba, A Sariña, Nogueira e Sabadelle.



ampliar
versión imprimible (pdf)
        
  A variedade mencía é a máis cultivada como monovarietal. Falamos de viños do ano de cor guinda, coa xusta acedume e aroma afroitado. As cepas cultivadas para os viños brancos son as variedades Godello, Alabriño, Loureira, Treixadura, Dona Branca e Torrontés. Os tintos son de uvas Mencía, Brancello e Merenzao. O consello Regulador ten autorizadas outras cepas, pero as devanditas son as preferentes. En canto os tipos de viño producidos baixo esta denominación de orixe pódense destacar os seguintes:
• Ribeira Sacra Godello (elaborado con uva 100% Godello e cun mínimo de once grados)
• Ribeira Sacra Albariño (feito con uva 100% Albariño e cuia graduación mínima ascende ós once grados),
• Ribeira Sacra Mencía (cun 100 % de uva mencía e con graduación mínima do 11 grados), e, por último, os
• Viños Ribeira Sacra (elaborados con uvas procedentes das variedades brancas para os viños brancos, e uvas procedentes das variedades tintas para os tintos; posúen unha graduación non inferior ós dez grados).

  Non é menos certo que o grado de operatividade económica tamén se mide polas comunicacións que un determinado lugar teña co exterior. É innegable que dende o punto de vista xeográfico, a nosa comarca goza dunha situación privilexiada ó atoparse case que no centro xeográfico de Galicia; este dato convértea nunha encrucillada de camiños o que lle confire un destacado papel dentro dos proxectos das estradas galegas. Neste senso móstrase como un importante nó de comunicacións tendo como estradas principais a N-540 que comunica as cidades de Lugo (que dista da vila 58 Km.) e Ourense (a unha distancia de 37 quilómetros ), e a CGR-22. Esta última, por tramos corredor rápido, une as localidades de Monforte de Lemos e Lalín. Pero as vías de comunicación que transcorren por Chantada están a piques de sufrir unha notoria melloría. Xa está proxectada a construción dunha autovía que unirá Ourense con Lugo aproveitando tramos da antiga nacional; tamén está prevista a realización de outra autovía que ha de comunicar a nosa vila coa de Monforte de Lemos. Claro queda que estas arterias suporán un notable pulo para o noso concello.
ver mapa [+]
  voltar ó índice
        Estes tan só son algúns dos exemplos de empresas e negocios sitos no municipio do Asma. Aínda que cómpre non esquecerse de que en Chantada existe outra realidade. Mostra disto témolo nos gandeiros individuais, no pequeno comercio da vila, nos negocios particulares, nas feiras dos días 5 e 21 (que aínda na actualidade seguen exercendo como importantes focos de atracción comercial), etc. Pero na economía chantadina é relevante sector leiteiro, Chantada posúe unha produción leiteira notable, as 650 explotacións existentes no concello producen un total oitenta millóns de litros de leite ó ano.
Citemos agora o sector turístico, outro polo de actividade económica. O noso concello centrouse nos derradeiros anos no turismo rural producíndose a apertura de catro establecementos dedicados a tal actividade.

12.8. A sociedade contemporánea
  A vella estrutura social da Chantada do pasado quedou moi atrás nos tempos e nos modos. A sociedade do presente amosa xeitos que están en concordancia coas sociedades máis avanzadas do mundo. Isto vese reafirmado por diversos datos expostos a continuación. A poboación chantadina atópase bastante envellecida, a pesares de que a idade media dos seus habitantes estea (datos do ano 2002) nos 48,2 anos. A taxa de natalidade está cifrada no 4,9% mentres que a mortaldade está no 14,7%. O saldo vexetativo é negativo no noso concello; no padrón do ano 2003 óllase como se producen 45 nacementos por 168 defuncións anuais polo a cifra negativa ascende a -123. De aquí pódese inferir que a poboación chantadina se atopa moi envellecida e que os nacementos non conseguen amortecer o número de defuncións producidas. Se realizásemos unha pirámide poboacional observaríamos como a súa estrutura se parece á dun cogomelo, estreita nos sectores de idade máis nova e inchado naqueles de idades superiores.
Entrando en criterios socioeconómicos argumentar que o sector primario foi perdendo importancia á hora de acoller no seu seo poboación do municipio. Un dos factores que contribuíu a esta situación foi o proceso de reconversión láctea acaecido en Chantada. Tal feito produciu unha redacción no número de explotacións gandeiras no municipio. O labrego busca agora produtividade en troques do sistema de mera supervivencia tan estendido na Galicia do pasado. Para conseguilo mergúllase no cooperativismo e na modernización tecnolóxica das súas explotacións; hai que obter o máximo de beneficios. Todo este proceso aparece claramente reflectido no esquema de ocupación laboral por sectores produtivos.
O primario ocupa a un total do 27,5 % do total poboacional,
O secundario ó 21,5 % (o 11,5 % na construción e o 10% na industria) O terciario ó 51 % dos activos no concello.

Ocupación laboral por sectores productivos


  Cómpre sinalar que un dos subsectores en alza nos derradeiros anos é o da construción, feito propiciado polo retorno de numerosos emigrantes. Este punto introdúcenos noutra realidade plenamente constatable nos nosos días; numerosos emigrantes que noutros tempos decidiron buscar fortuna no estranxeiro retornan na actualidade ó seu concello de orixe. Pero a par deste fenómeno prodúcese outro de raíz totalmente oposta; as melloras económicas producidas en Galicia fan que ata o noso país se acheguen xentes vidas de outros lugares do mundo tales como arxentinos, chineses, etc. En definitiva, se realizamos unha comparativa entre as cifras reflectidas con anterioridade e as de épocas non tan lonxanas, fai escasas décadas, ollamos como se contrapoñen de xeito evidente. Estaríamos diante dunha muda total no tecido social de Chantada.

  Enlaces relacionados
 
     :.  Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de          Galicia



web desenrolada por novodesenho créditos