mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Concello de Monforte
 
Comarcas de Galicia
 
Concello do Corgo
 
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica
 
Facebook Concello Facebook Turismo
Twitter Instagram
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografías
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
suxestións
 
Sixpac
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
  12. Hai poucos anos
    12.1. Sobre as pegadas do xornalismo chantadino
    12.2. Apuntes da intrahistoria
    12.3. Os derradeiros retazos do xornalismo local
    12.4. Chantada e as guerrillas antifranquistas
    12.5. Aspectos xerais da Chantada de hoxe
    12.6. Demografía: fonte histórica
    12.7. Criterios económicos
    12.8. A sociedade contemporánea
  13. Algunhas personaxes ilustres

12.2. Apuntes da intrahistoria
  Preténdese co este título nas seguintes liñas dar cabida a aqueles acontecementos que si ben non gozaron de gran relevancia histórica si contribuiron a forxar, sen ningún xénero de dúbidas, a historia de Chantada. Nesta orde de cousas pódese salientar a visita que o xeneral Francisco Franco fixo a nosa vila no ano 1963, co gallo das obras do encoro Belesar que estaba moi próximo á súa inauguración.
Visita de Franco ó encoro de Belesar
ampliar
ampliar [+]
Manuel Fraga, Ministro de Información e Turismo no encoro
ampliar
ampliar [+]
Os Reises Don Xoan Carlos e Dona Sofía tamén visitaron Chantada
Sen dúbida, esta obra de enxeñería foi posta como exemplo do intento de modernización que o réxime ditatorial pretendía levar a cabo no conxunto do estado. De matiz distinto pero tamén de gran importancia, foi a iniciativa presentada polo Gobernador Civil o 26 de Abril do ano 1967. Na mesma tentábase por coto a unha grave deficiencia que arrastraba dende tempos seculares a nosa comarca. O proxecto pretendía a electrificación de tres parroquias chantadinas; un aspecto cotián en moitos lugares de Europa pero aínda escaso no entorno rural de moitos lugares de Galicia. Un ano despois, o encoro de Belesar foi o escenario elixido para a celebración dunha importante competición motonáutica. Na mesma déronse cita ilustres persoeiros da vida pública española como foron os Ministros da Mariña e o de Información e Turismo, amais do Gobernador Civil que actuou coma presidente de honra. Nesta competición participaron os máis destacados pilotos do ámbito nacional. Sen saírmos desta década dos sesenta, salientar a elaboración dun censo poboacional que arroxa cifras sorprendentes para Chantada. No ano 1969 a provincia de Lugo contaba con preto dun millón de habitantes, posuíndo a nosa vila un total de 14.042 residentes. A tenor das cifras actuais, tal dato resulta pouco menos que sorprendente. Naqueles intres Chantada era xunto coa Fonsagrada o único concello da provincia onde a poboación masculina superaba en número á feminina; o número de varóns ascendía a un total de 7.318 individuos, estando as mulleres nunha cifra de 6.661.
  voltar ó índice
ampliar
ampliar [+]
Licinio de la Fuente, Ministro de Traballo
A década dos anos setenta do pasado século presenta para a vila do Asma algúns feitos suxeitos a ser expostos neste apartado. O ano 1970 ven cargado de proxectos e promesas para Chantada. O nove de Abril don Licinio de la Fuente , Ministro de Traballo, visita a nosa comarca con gran aclamación por partes das xentes que o van a recibir ó concello. Coméntase que foi tal o fervor popular que don Licinio se tivo que asomar ó balcón do edificio oficial ante as numerosas mostras de “simpatía y afecto”. Segundo se cre, este alborozo foi causado nunha importante medida polo anuncio da próxima construción dun ambulatorio na nosa vila; outra necesidade perentoria. Meses máis tarde, o 29 de Outubro do mesmo ano, inaugurarase o Centro de Ensinanza Media, hoxe chamado I.E.S. “Lama das Quendas”.En 1971 Chantada é declarada xunto con outras vilas da provincia (Lugo, Becerreá, Burela, A Fonsagrada, Foz, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga-San Clodio, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro-Celeiro) cabeza de comarca, tal e como estaba planeado nos plans provinciais de Galicia. Dous anos despois prodúcese a morte dunha personaxe de fondo calado histórico no concello; nada no lugar de San Martín de Mato a súa actividade inscribiuse nun fito maldito para a historia de España: a perda de Filipinas. José Blanco Jorge falece no 1973 cando contaba con 99 anos de idade. Estamos a falar dun home que pertenceu a ese mítico grupo de persoas que para a historia pasaron co alcume dos “últimos de Filipinas”. Ferido neste lonxano país asiático tivo a boa nova de atopar a un médico lucense quen, ademais de prestarlle atención, conseguiu repatrialo a España recomendándoo a un Capitán de barco. Sen dúbida non estamos a falar dunha morte máis, José Blanco Jorge tivo a sorte e a desgraza de participar nun feito de amplas repercusións históricas. Pero tamén neste mesmo ano corre un rumor de amplas consecuencias para a vila de ser levado a cabo. Fálase da posibilidade de que a empresa automobilística norteamericana Ford instale na provincia industrias subsidiarias da gran factoría que tiña e ten por sede Almusafes. Para estudar a viabilidade do proxecto, dous técnicos da empresa visitan zonas de Chantada e Monforte de Lemos aínda que finalmente desbotarase o proxecto.
  voltar ó índice
ver
Antón Fraguas Fraguas foi o pregoeiro da 1ª Feira do Viño de Chantada
ampliar
Cartel da primeira edición da feira do viño
    Da década dos oitenta cabe salientar dúas noticias que aínda no presente teñen notable repercusión. A primeira das mesmas lévanos ata o ano 1983, data na que se celebrou a primeira edición da Feira do Viño de Chantada. Esta inaugúrase o 12 de Marzo do citado ano coa presenza de diversas autoridades. Acoden ó evento o chantadino Carlos Gilberto Otero Díaz, por aqueles tempos conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia. O encargado da lectura do pregón foi o ilustre catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antonio Fraguas Fraguas. Segundo datos da época, o número de persoas que se achegaron ate a Feira roldou a cifra das dez mil. A segunda das noticias a destacar prodúcese cinco anos despois. O ano 1988 presenta para a nosa vila o remate dunha importante obra que mellorará en gran medida as comunicacións de Chantada co Leste de Galicia. Será a finais deste ano, cando se inaugure unha ponte sobre o río Miño que viña enmarcada na construción dunha nova estrada que habería de comunicar Chantada coa vila de Monforte de Lemos. A mesma posuía un longo de catrocentos metros, unha altura de cen metros e un ancho de doce metros. O tempo empregado para a realización desta obra de enxeñería ascendeu a tres anos.Por último e xa para rematar este apartado, salientar unha nova datada no ano 1997. Será neste intre cando a Xunta de Galicia publique un mapa comarcal que dividía o noso país en 49 comarcas que ascendían a un total de trece na provincia de Lugo. Neste novo mapa a comarca de Chantada quedaría configurada por un total de tres concellos: Taboada, Carballedo e Chantada, ó igual que na actualidade. Tal medida non foi recibida con agrado na nosa provincia. Esta desconformidade lucense coa nova distribución administrativa quedou plasmada no feito de que trece das corenta alegacións presentadas contra esta nova configuración comarcal procedían da provincia de Lugo. Asociacións, fundacións e particulares tiveron moito que dicir diante desta nova medida, constatándose queixas en tódalas zonas da provincia. Diante deste clima de protesta, a comarcalización quedou pendente.
  voltar ó índice
12.3. Os derradeiros retazos do xornalismo local
  
Comentouse en anteriores liñas como os xornais “Juventud” e “La Voz del Agro” foron as derradeiras publicacións enteiramente chantadinas.
ampliar
Antonio Noguerol Eyré administrador do
semanario " El Agro"
Pero aínda cómpre que sexa citada outra experiencia xornalística cuxos temas se centraban en grande medida en Chantada. A mesma sae a rúa a xeito de semanario e toma por nome “El Agro”. Dende o mesmo tentábanse abarcar aqueles contidos que afectasen ós municipios de Palas de Rei e Chantada aínda que cómpre que sexa salientado o feito de que a maioría dos temas eran netamente chantadinos. Saíu á rúa o 20 de Maio do ano 1930 figurando como director Jesús García Varela e como administrador Antonio Noguerol Eyré. Moitos foron os temas ós que prestou atención pero o máis soado foi a loita que dende este xornal se fixo a favor da “Liga Anticaciquil” que estaba formada por republicanos, socialistas e agrarios. Esta agrupación política terá un sonoro triunfo nas eleccións municipais de Abril e nas constituíntes de Xuño de 1931 no distrito de Chantada. Estamos polo tanto diante dun semanario netamente republicano que olla con ledicia a chegada da Segunda República ó Estado.Moitas foron as liñas dedicadas a ilustre prensa que tivo por punto informativo a nosa comarca. A súa existencia proporciona a día de hoxe unha importante fonte de estudo do pasado máis recente pero non só iso, a súa presenza é unha boa mostra da importancia que a nosa vila e as súas terras tiveron nun tempo non tan lonxano. Son estas experiencias xornalísticas as que nos permiten coñecer moitos dos porqués da Chantada actual.
  voltar ó índice
José Luís Castro
Veiga,
“O Piloto”
ampliar
Carné do Partido Comunista
do Piloto
ampliar
Castro Veiga coa súa compañeira Mirelle
12.4. Chantada e as guerrillas antifranquistas
  Hai poucas liñas que se comentou o feito da existencia de diversa oposición armada contra o réxime instaurado trala Guerra Civil. Tal actividade tamén se deixou notar nas nosas terras. Citarei a continuación a dous guerrilleiros que fixeron da loita contra o franquismo un xeito de vida e cuxa actividade tivo relación, en distinto grado, coa comarca de Chantada. O primeiro deles foi don José Luís Castro Veiga, coñecido popularmente co sobrenome de o “Piloto”. Natural do lugar de Buelle de Artemil, pertencente ó municipio lugués de O Corgo, tivo un amplo vínculo co exército xa que exerceu como cabo na Armada de Aviación, de aí o seu sobrenome. Sabemos que desertou do mesmo para pasar a loitar dentro do bando republicano polo que foi arrestado en Madrid sendo condenado a un período de cárcere de trinta anos. No ano 1943 foi indultado continuando a súa clandestinidade como afiliado ó Partido Comunista (PC). Dous anos despois opta por facer do monte o seu lar, sendo centro das súas operacións contra o réxime ditatorial. Decide instalarse nas estribacións orientais da Cordilleira Cantábrica, máis concretamente no sur da provincia de Lugo. Segundo sabemos, o seu primeiro combate coa Garda Civil produciuse no ano 1946 continuando os enfrontamentos con posterioridade. Pronto sería recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no termo municipal de O Saviñao (Lugo), sendo denunciado perante as autoridades. O día dez de Marzo do ano 1965 José Castro transitaba pola aldea de Belesar, sendo descuberto pola Garda Civil de Chantada que non dubidou en matalo a tiros. Remataba así a vida deste lendario guerrilleiro cuxa actividade se desenvolveu en gran medida, nas nosas terras.Outro activista en contra do franquismo foi José Neira Fernández, que como alcume utilizaba o seu primeiro apelido. Natural da costeira vila de Ortigueira tivo unha ampla presenza na zona sur de Lugo. Aínda que a súa actividade en terras de Chantada foi menor que a de o “piloto”, tense constatado a súa loita no triangulo que comprende as vilas de Monforte de Lemos-Chantada-Sarria. Ferido nun dos combates que protagonizou, optou por trasladarase á veciña Francia.

  Artigos relacionados
     :. Francisco Franco (biografía)
       
www.artehistoria.com (español)
     :. Un siglo después, los últimos de Filipinas reciben su
       homenaje.
       
www.belt.es (español)
     :. Antonio Fraguas Fraguas
       
Radio Televisión de Galicia (galego)
     :. Monforte de Lemos
       
Web oficial do Concello (galego)
     :. Comarcas de Galicia
       
Consellería de Mdeio Rural (galego)
     :. El Último Guerrillero Antifranquista (español)
       
Asocoación para la Recuperación de la Memoria Histórica
     :. Concello do Corgo
       
Radio Televisión de Galicia (galego)

web desenrolada por novodesenho créditos